Taxonomías e roles: permisos de publicación
5b. Taxonomías e roles: permisos de publicaciónNunha práctica anterior comprobamos que os usuarios dos roles "profesorado" ou "anpa" unicamente podían publicar contidos nos termos do vocabulario asociado ao menú "Departamentos". (Convén lembrar que o rol "anpa" foi inicialmente un duplicado do rol profesorado) Evidentemente non ten sentido que usuarios do rol anpa podan publicar contidos en "Departamentos". Imos modificar os permisos para que o usuario painai1 do rol anpa unicamente poida publicar nos termos da taxonomía Pais/Nais. Posteriormente personalizaremos o aspecto do sitio web cando se acceda aos contidos da taxonomía Pais/Nais. |
|
a) Establecemento de permisos para o acceso aos contidos dos diferentes roles en función da taxonomía
Os pasos a seguir serían os seguintes:
NOTA: Con esta configuración de permisos, o usuario painai1 xa pode crear contidos nos termos da taxonomía Pais/Nais, pero xa non poderá crear novos contidos en Departamentos. Pero si poderá editar os contidos publicados con anterioridade ao cambio de permisos. En calquera caso, un usuario administrador sempre poderá editar calquera contido na ruta Administrar > Administración do contido > Contido. É conveniente revisar os permisos globais para o resto dos roles, e comprobar que só o rol administrador ten permisos de creación de contidos para todas as taxonomías. RECOMENDACIÓN: O rol de usuario anónimo non debe ter permisos de creación de contidos en ningunha taxonomía. |
|
b) Aplicación dun tema diferente para unha taxonomía
|
O obxectivo é modificar a apariencia da web cambiando a plantilla en función das regras que se estabrezan. No noso caso, o que pretendemos é empregar o tema 0 Point cando se visualicen os contidos publicados no menú Pais/Nais (Dito menú, como vimos previamente neste curso, está asociado a unha taxonomía que ten o mesmo nome que o menú).
Empregarase o módulo themekey. Este módulo está inicialmente desactivado, polo que previamente hai que proceder á súa activación.
É moi importante resaltar que cada vez que se activa un novo módulo en Drupal haberá que revisar a configuración de permisos para os diferentes roles.Os pasos a seguir serían os seguintes:
A DESTACAR:
|
|
c) Creación de alias de URL
| Xa vimos nunha práctica anterior que era posible asignar un alias a un contido para renomear o nodo correspondente node/XX por "nome-escollido".
Agora veremos que tamén é posible renomear non só os nodos, senón tamén os termos dunha taxonomía.
Ímolo facer para o termo ANPA de Pais/NaisOs pasos a seguir serían os seguintes:
|
|