|
|
Tarefa final de síntese Drupal 6
Nesta tarefa final englobaranse a modo de síntese moitos dos aspectos vistos nos apartados anteriores.
Realizarase o proceso completo de:
-
-
-
-
- Creación dun novo rol e engadido de usuarios pertencentes ao novo rol.
- Creación dunha nova taxonomía (vocabulario) coa definición dos seus termos, especificando o tipo de contidos que se van a poder publicar e outros aspectos de interese.
- Creación do menú correspondente no que se amosarán os termos do vocabulario creado no paso anterior.
- Asociación do vocabulario de taxonomía ao menú correpondente.
- Activación do bloque para facelo visible no lugar que se especifique.
- Asignación de permisos para que os diferentes roles poidan ou non crear/actualizar/eliminar contidos dos tipos especificados nos termos do vocabulario creado.
- Creación dun novo contido nalgún termo do novo vocabulario de taxonomía.
- Realizar un alias de URL para a taxonomía creada con un tema (plantilla) personalizado empregando o módulo Themekey.
|
|
|
Os pasos a seguir serían os seguintes:
- Como usuario admin, crear o menú "Orientación".
- Crear a taxonomía "Orientación":
- En Tipos de contido permitidos para esta taxonomía: Páxina, Evento.
- En Menu Location, seleccionar o menú <Orientación> creado no primeiro punto.
- En Opcións, desmarcar "Add item for vocabulary".
- Engadir os termos "Información Xeral" e "Documentos".
- Facer o bloque visible na parte inferior da columna lateral dereita.
- Crear un novo rol "Orientador" que só poida publicar contidos tipo páxina (create page content, delete own page content, edit own page content) na taxonomía así creada. O resto dos roles (Taxonomy Access Permissions) non deben ter permisos de creación, edición ou borrado nos termos desta taxonomía, puidendo unicamente visualizalos.
- Crear un usuario "orientador1" co contrasinal "orientador1" (Como dirección de correo electrónico poñer unha ficticia: orientador@curso.es) e asignalo ao rol orientador.
- Dar permisos ao rol orientador para publicar só na taxonomía "Orientación".
- Crear un alias de URL para acceder aos contidos do termo "Información xeral" da taxonomía creada: "www.edu.xunta.es/centros/cursoXX/infoorientacion".
- Habilitar o tema "Twittish" como tema (plantilla). Este tema só permite bloques na barra lateral dereita. Personalizar a configuración dos bloques ao voso criterio.
- Empregar o tema "Twittish" para os contidos da taxonomía "Orientación".
- Publicar un contido co usuario "orientador1" que inclúa unha imaxe e un texto no termo "Información xeral"
NOTA: Ademais dos permisos especificados na tarefa e aínda que non se diga de xeito explícito na descrición da mesma, hai determinados permisos que sempre deberían estar habilitados para o rol orientador (en xeral, para calquera rol distinto do anónimo) en Administrar > Xestión de usuarios > Permisos:
Módulo node:
- Acceder ao contido (Para que os usuarios do rol orientador podan ver contidos na web).
Módulo search: (Para que os usuarios do rol orientador podan facer buscas no sitio web)
- Buscar contido
- Usar búsqueda avanzada
Módulo upload:
- Cargar ficheiros (Permite xuntar ficheiros como adxuntos nos contidos para este rol)
- Ver ficheiros cargados (Permite acceder aos ficheiros incluídos como adxuntos nas publicacións)
|
|
Última modificación: sábado, 20 de abril de 2024, 5:37 PM