Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

LibreOffice

Por webmaster, 31 Outubro, 2023

Recursos en liña útiles á hora de redactar un texto

e-dixgal
LibreOffice

Ás veces pregúntanme se hai algunha aplicación para que os nenos aprendan e melloren a redacción. Sempre lles digo que a mellor aplicación é o procesador de textos, moita práctica, paciencia e por suposto ler moito, moito. O proceso de redacción é unha actividade moi complexa a nivel intelectual. Precisa moito entrenamento e tamén certos recursos para ordenar as ideas, como  poden ser os mapas mentais. Debemos de coidar moito os aspectos de adecuación, coherencia, coidar a cohesión do texto e respectar as normas de ortográficas e de puntuación.

  • Ler máis
  • 3 views
Por webmaster, 30 Outubro, 2023

Como instalar a última versión estable de LibreOffice en Debian

Debian
LibreOffice

Como sabes a distribución Debian é moi estable, así como todas as súas distribucións derivadas: Ubuntu, Mint, etc. Sen embargo para garantizar esa estabilidade, nos seus repositorios non contamos coas últimas versións dos programas.

Para moitos de nós resulta moi interesante contar coa última versión de LibreOffice, pois ademais de contar coas últimas melloras, presenta unha maior compatibilidade cos documentos editados con Microsoft Office.

  • Ler máis
  • 32 views
libreoffice_0.txt (2.17 KB)
Por webmaster, 10 Outubro, 2023

ChatGPT no LibreOffice Writer

AI
LibreOffice

Este script permite escribir no procesador de textos un prompt e enviarllo a ChatGPT para que o tramite a través da API e devolva os datos ao propio Writer. O inconveniente que ten é que temos de dar de alta o método de pago e establecer unha cantidade de diñeiro que se irá descontando a medida que o empreguemos.

Documentación oficial: https://github.com/raniaamina/LibreOffice-Content-Generator/tree/master

  • Ler máis
  • 37 views
Por webmaster, 14 Setembro, 2023

Resolvendo un problema de matemáticas coa axuda do Calc

LibreOffice

Enunciado

O Concello dunha gran cidade dispón dun paquete de 2000 vivendas sociais. Todas están en aluguer a razón de 200 euros ao mes. Decide vendelos a un fondo voitre. A empresa sabe que por cada 5 euros que suba o aluguer perderá 10 inquilinos. A que prezo poñerá o aluguer para obter o máximo beneficio?

_Fonte: José Ángel Murcia: "Y me llevo una"_

  • Ler máis
  • 12 views
LibreOffice
Canle RSS