Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

ChatGPT no LibreOffice Writer

Por webmaster, 10 Outubro, 2023
AI
LibreOffice

Este script permite escribir no procesador de textos un prompt e enviarllo a ChatGPT para que o tramite a través da API e devolva os datos ao propio Writer. O inconveniente que ten é que temos de dar de alta o método de pago e establecer unha cantidade de diñeiro que se irá descontando a medida que o empreguemos.

Documentación oficial: https://github.com/raniaamina/LibreOffice-Content-Generator/tree/master


Paso 1. Crear un certificado para acceder os servizos de openAI coa túa conta 

https://platform.openai.com/account/api-keys

Paso 2. Descargar o seguinte ficheiro. E gárdase en /home/usuario. Ademais debemos de renomealo pasando o nome de sampre.env a .env

https://github.com/raniaamina/LibreOffice-Content-Generator/blob/master/sample.env

Paso 3. Editar o ficheiro .env. Debemos mudar o contido que trae por defecto, substituíndo "sk-12345 <= Replace with your API Key" pola túa API_KEY que creaches no paso1, por exemplo co seguinte:

API_KEY=sk-12345 <= Replace with your API Key

API_KEY=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

Hai que crear un cartafol co nome .create-caption en /home/usuario e dentro do mesmo gardamos o ficheiro .env

Paso 4. Crear o seguinte cartafol

/home/usuario/.config/libreoffice/4/user/Scripts

E dentro do mesmo un subcartafol chamado python

/home/usuario/.config/libreoffice/4/user/Scripts/python

Paso 5. Descarga o seguinte ficheiro no cartafol que acabas de crear no último paso

https://github.com/raniaamina/LibreOffice-Content-Generator/blob/master/LibreOffice_AI.py

Alernativamente a estes dous últimos pasos, tamén o podes facer do seguinte xeito e de forma máis sinxela
 

Paso 4b e 5b. Descarga o seguinte proxecto, premendo no botón de descargas

https://gitlab.com/jmzambon/apso/

Descomprímelo e co botón dereito do rato sobre o ficheiro apso.oxt escóllese "abrir con" e seleccionas "LibreOffice Writer" e instalas a extensión APSO

Indo a Ferramentas > Macros > Organize Python Scripts pódese crear e editar o ficherio LibreOffice_AI.py

Paso 6. Debemos instalar un par de módulos Python na Distribución Abalar para que funcione

a. Librería python3-dotenv

apt update

apt install python3-dotenv

b. Como a versión python por defecto na maqueta é a 2.x teremos que configurar para que sexa a versión 3.7, para seguidamente instalar o pip

update-alternatives --install /usr/bin/python python /usr/bin/python3.7 1 
apt install python3-pip

Podemos comprobar a versión de pyhton e a de pip instaladas

python --version

pip3 --version

c. Finalmente procédese coa instalación do módulo python openai
pip3 install openai

Para probalo, escribes calquera texto que queiras buscar no OpenAI, por exemplo "Crea un conto mariñeiro en 150 palabras e 5 preguntas sinxelas do mesmo" e ir a "Ferramentas>Macros>Executar Macro> e escolles Libreoffice_AI > buat_konten

Esperas un momento e aparecerá o texto xerado pola ai. No caso de empregar a versión de pago de OpenAI, o resultado será moito mellor.

Para poñelo en funcionamento, escríbese no Writer o prompt, seleccionámolo e a continuación pinchamos en Ferrramentas > macros > Executar macros > LibreOffice_AI e executamos buat_konten. Despois un intervalo de tempo, aparece a resposta no Writer.

 

Canle RSS