Como sabes a distribución Debian é moi estable, así como todas as súas distribucións derivadas: Ubuntu, Mint, etc. Sen embargo para garantizar esa estabilidade, nos seus repositorios non contamos coas últimas versións dos programas.
Para moitos de nós resulta moi interesante contar coa última versión de LibreOffice, pois ademais de contar coas últimas melloras, presenta unha maior compatibilidade cos documentos editados con Microsoft Office.
Para eliminar a versión instalada e a súa vez proceder coa súa instalación podemos empregar o script seguinte:
Para executalo, unha vez descargado teremos que cambiarlle a extensión, pasando de txt a sh
cd /home/usuario/Descargas
mv libreoffice.txt libreoffice.sh
E ademais darémoslle permisos de execución coa orde:
chmod +x libreffice.sh
e polo tanto proceder coa súa instalación debes escalar o privilexios a root:
su root
cd /home/usuario/Descargas
E finalmente executamos:
./libreoffice.sh
