É posible que teñas unha pequena empresa, que sexas un autónomo, un docente, un estudante, etc e decidas ser ti quen publique e xestione o teu espazo na web, evitando pagar o deseño e mantemento a un profesional, e o máis importante, que queiras aprender e enredar no mundo dixital.
Son varias tecnolóxicas que che permiten crear unha páxina web de maneira gratuíta: Google, Facebook, etc. Pero xa sabes que iso non é aprender, é pasar o tempo e ademais ti queres ser dono das túas palabras. Pero todo isto leva consigo uns gastos, sen embargo non é caro, non vai máis aló do que custa unha cervexa por semana na cafetería da esquina.
Con este manual podes introducirte no deseño web, tocando moitos aspectos: instalación e mantemento do servidor, creación de bases de datos e Drupal, un fantástico xestor de contidos. Pero sempre durante o proceso terás que botar man doutras páxinas, pois é tan ampla a temática que sempre aparecen dúbidas e detalles que non sabemos solucionar.
Paso 1. Contratación do hosting e dominio
Paso 2. Instalación de Arch Linux nun VPS
Paso 3. Instalación dun servidor LEMP en Arch Linux
Paso 4. Instalación de Drupal nun servidor LEMP
Paso 5. Instalación de Composer e Drush en Arch Linux
Paso 6. Configurar un Drupal 9 como multisite nun servidor LEMP Arch Linux
