Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Paso 8. Instalar NextCloud nun servidor LEMP Arch Linux

Por webmaster, 14 Novembro, 2023
Drupal
Arch Linux

​

NextCloud é unha un servizo avanzado de aloxamento. Permite o almacenamento de ficheiros e conta cun importante número de complementos para engadir ao servizo.

1. Descargamos a última versión de NextCloud e procedemos a descomprimilo

cd /srv/http

wget https://download.nextcloud.com/server/releases/latest.zip

unzip latest.zip

Quedándonos o cartafol do aplicativo en /srv/http/nextcloud

2. Creamos unha base de datos, por exemplo co nome de nextcloud. Para isto, podemos facelo coa axuda do phpMyAdmin

 

3. Creamos o ficheiro de virtual hosts, por exemplo co nome de nextcloud en /etc/nginx/sites-available

nano /etc/nginx/sites-available

Seguindo a documentación oficial, acadei que funcionara coa seguinte configuración: [ficheiro_configuracion](https://atio.es/pub/box.txt)

sudo ln -s /etc/nginx/sites-available/nextcloud /etc/nginx/sites-enabled/

4. Configuramos o subdominio para acceder a este aplicativo. No meu caso emprego os servizos de Dinahosting

5. Recargamos a configuración no Nginx. Para isto primeiro comprobamos a sintaxis dos ficheiros de configuración:

nginx -t

Cargamos a configuración para a navegación segura https

certbot --nginx

nginx -s reload

6. Procedemos a instalar a aplicación. Para iso accedemos á url http://box.atio.es. Tan só temos que introducir os datos do usuario administrador, contrasinal, nome da base de datos e usuario da mesma. Non presenta complicacións.

En función do uso que lle vaiamos dar, é posible que teñamos que activar algún módulo a maiores de php. Iso aparece especificado na documentación oficial na seguinte url:

https://docs.nextcloud.com/server/latest/admin_manual/installation/sour…

​

Canle RSS