Como sabedes, Arch Linux é unha distribución rolling release. Trátase dunha distribución que podemos actualizar indefinidamente sen necesidade de formatealo equipo. O primeiro que debemos ter e polo tanto un servidor cunha distribución Arch Linux. Con esta práctica aprenderemos a instalar un servidor LEMP que servirá para posteriormente instalar un Drupal, un Moodle ou un Wordpress, por exemplo.
Neste exemplo empregarei os servizos de https://digitalocean.com, escollendo un Droplet cunha imaxe de Arch.
Sen embargo, como non contemplan esta opción por defecto, debemos empregar unha imaxe unha imaxe openstack qcow. Atopámolo na seguinte servidor:
https://linuximages.de/openstack/arch/arch-openstack-LATEST-image-bootstrap.qcow2
E subimos a imaxe pinchando en Images > Custom Images > Import via URL


E unha vez que conclúa a subida, ceamos o Droplet

No apartado de Choose an image, pinchamos en Custom images

Seleccionamos a imaxe que acabamos de subir e escollemos as características do servidor que vamos empregar. Podemos escoller o máis económico se a intención é aprender ou publicar un blog con poucas visitas. Se pasado o tempo precisamos máis potencia no servidor, xa iremos incrementando as prestacións do mesmo. No meu caso escollín a rexión Amsterdam 3. Engadimos as chaves ssh para que poidamos acceder por ssh sen necesidade de introducir un contrasinal, e podemos renombrar o hostname con Arch, se preferimos un nome máis cómodo. Finalmente clic en Create Droplet
E despois duns segundos teremos o droplet coa súa ip pública creada. Abrimos o terminal e accedemos por ssh


Procedemos a actualizalo coas seguintes instrucións, pois veremos que aparecen problemas coas chaves públicas dalgún servidor
pacman-key --populate
pacman -Syyu --noconfirm
sudo pacman -S archlinux-keyring
pacman-key --populate
pacman -Syyu --noconfirm
E tamén instalamos unha serie de aplicacións que non farán falta durante a instalación de todo o servidor
pacman -Sy nano wget curl unzip git
E finalmente, se o desexamos, podemos crear un servizo que nos manteña actualizado o sistema operativo sen a nosa intervención:
sudo nano /etc/systemd/system/autoupdate.service
E pegamos o seguinte código:
[Unit]
Description=Automatic Update
After=network-online.target
[Service]
Type=simple
ExecStart=/usr/bin/pacman -Syuq --noconfirm
TimeoutStopSec=180
KillMode=process
KillSignal=SIGINT
[Install]
WantedBy=multi-user.target
E seguidamente editamos o seguinte ficheiro
sudo nano /etc/systemd/system/autoupdate.timer
E pegamos este outro código:
[Unit]
Description= Actualización 10 minutos despois de reiniciar, e cada 60 minutes
[Timer]
OnBootSec=10min
OnUnitActiveSec=60min
Unit=autoupdate.service
[Install]
WantedBy=multi-user.target
Activamos e arrancamos o servizo autoupdate.timer:
sudo systemctl enable autoupdate.timer
sudo systemctl start autoupdate.timer
Con isto teremos o servidor sempre actualizado sen a nosa intervención.
