Glosario
Cartel
-
Definición:
-
Folla de maior tamaño ca un a4, na que se imprime un anuncio e que se coloca nun lugar público para captar a maior atención posible.
-
Exemplo:
-
O clube de baloncesto colocou un cartel na Praza do Concello para que a rapazada se anime a formar parte dos seus equipos.
Deseñar
-
Definición:
-
Facer o deseño de algo, xa sexa unha idea, un proxecto...
-
Exemplo:
-
O arquitecto deseñou o proxecto do edificio.
Organización
-
Definición:
Acción e efecto de prepararse, con vistas a cumprir unha función.
-
Exemplo:
Para crear o evento necesitan organización.
Rol
Definición:
Función que lle corresponde a alguén nunha determinada situación.
Exemplo:
No partido un ten o rol de árbitro e os outros de xogadores.
A organizarse!
É o momento de organizar o torneo.
Todas e todos ides participar como xogadores e xogadoras, pero antes e durante o torneo tamén participaredes na súa organización.
E como o ides facer? En equipo!
Para que o voso torneo deportivo saia a ben, debe planificarse con previsión, minimizando os problemas que poidan xurdir cando se leva a cabo.
Imaxinade que vos atrevedes a levalo á práctica sen organizarvos previamente. Que podería pasar?
Agora dánsevos algunhas recomendacións que debedes seguir en canto á organización do desenvolvemento do mesmo:
| QUE DEBEREDES TER EN CONTA? |
|
| Espazos |
Con que espazos contades? Que características teñen? Adáptanse ao voso deporte? |
| Seguridade |
Que medidas de seguridade tomaredes para o torneo? Necesitades axuda externa? |
| Horarios |
Cal será a franxa horaria do torneo? Que duración terán os partidos? Haberá tempo para realizar os quecementos específicos? |
| Participantes |
Con que número de grupos contades? Como será o formato do torneo en función do número de grupos participantes e do tempo dispoñible? O número de participantes por grupo axústase ao espazo do que dispoñedes? |
| Roles da organización do concurso |
Que roles teredes as persoas organizadoras? Cales son as funcións específicas de cada rol? Como se asignarán eses roles entre as persoas organizadoras? Os roles serán rotativos? |
Tendo claro isto, é o momento de organizar o torneo.
Nas seguintes sesións de Educación Física organizaredes os vosos torneos deportivos, explicando previamente as normas e forma de xogar ó voso novo deporte.
Para iso, deberedes decidir cada un de vós onde queredes achegar as vosas ideas. En función da tarefa que vos apeteza realizar, pertenceredes a un grupo cun rol determinado.
Lectura facilitada
É o momento de deseñar.
Actuaredes como xogadores/as e como persoas organizadoras.
E como o ides facer? En equipo!
Todo torneo debe planificarse con previsión para evitar problemas que poidan xurdir.
Imaxinade que facedes un evento sen planificación. Que podería pasar?
A continuación dámosvos algunhas recomendacións:
| QUE DEBEREDES TER EN CONTA? |
|
| Espazos |
Con que espazos contades? Que características teñen? Adáptanse ao deporte? |
| Seguridade |
Que medidas de seguridade tomaredes para o torneo? Necesitades axuda externa? |
| Horarios |
Cal será a franxa horaria do torneo? Que duración terán os partidos? Haberá tempo para quecementos? |
| Participantes |
Con que número de participantes/equipos contades? Como será o formato do torneo en función do número de participantes/equipos? O número de participantes axústase ao espazo do que dispoñedes? |
| Roles da organización do concurso |
Que roles teredes as persoas organizadoras? Cales son as funcións específicas de cada rol? Como se asignarán eses roles entre as persoas organizadoras? Os roles serán rotativos? |
É o momento de organizar o voso torneo.
Nas seguintes sesións organizaredes o torneo, explicando previamente como se xoga ó voso novo deporte.
Realizaredes as tarefas en grupo do rol que elixades.