Glosario
Vantaxe
-
Definición:
-
Condición ou situación favorable dunha persoa ou cousa respecto doutras.
-
Exemplo:
-
O equipo ten vantaxe porque xoga cun xogador máis.
Votación
-
Definición:
-
Acción e efecto de votar.
-
Exemplo:
-
Realizaron a votación para delegada de clase.
A votación
Agora que xa creastes os vosos deportes alternativos é o momento de organizar un torneo deportivo.
Pero antes de nada, toca elixir entre todos os deportes creados para saber cal será aquel ao que xoguemos no torneo.
Para iso, faredes unha votación na que cada persoa só poderá escoller un deporte.
E o deporte máis votado é...
Lectura facilitada
É o momento de organizar un torneo deportivo.
Primeiro elixide cal será o deporte ao que xoguemos no torneo.
Faredes unha votación na que cada persoa só poderá escoller un dos deportes creados.
E o deporte máis votado é...
Audio
Tipos de torneos deportivos
Tedes algunha idea sobre o torneo que organizaredes?
A continuación, veredes algunhas ideas.
Liga
Evento no que participan diferentes xogadores ou xogadoras, individualmente ou por equipos, xogando todos/as contra todos/as, a unha ou varias voltas.
As ligas están formadas por xornadas nas que o ou a participante, ou o equipo, xoga con outro en roldas non eliminatorias. En función do resultado, en cada encontro vanse dando puntos aos ou ás participantes, gañando o torneo quen máis puntos teña ao final. Nalgúns deportes danse puntos ao empatar o partido, mentres que noutros non hai esta posibilidade.
| Vantaxes |
|
| Desvantaxes |
|
A ter en conta na organización das ligas:
- Establecer se a competición será a unha volta ou a dúas.
- Elixir o sistema de puntuación por vitoria, derrota e empate que recibirá cada equipo en cada xornada e as posibilidades de clasificación final en caso de empate entre equipos ao final da liga.
- Para facilitar o manexo do calendario de puntuación adxudicar un número a cada equipo.
- Tratar de que os e as participantes teñan o mesmo tempo de descanso entre partido e partido.
Exemplo de liga:
Liga de 5 equipos con ida e volta e sen contar os empates.
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | Gañados | Puntos a favor | Puntos en contra | Clasificación | |
| 1 | 1-2 | 1-3 | 1-4 | 1-5 | |||||
| 2 | 2-1 | 2-3 | 2-4 | 2-5 | |||||
| 3 | 3-1 | 3-2 | 3-4 | 3-5 | |||||
| 4 | 4-1 | 4-2 | 4-3 | 4-5 | |||||
| 5 | 5-1 | 5-2 | 5-3 | 5-4 |
Lectura facilitada
Evento no que se participa individualmente ou por equipos.
Xógase todos/as contra todos/as, a unha ou varias voltas.
As ligas están formadas por xornadas.
En función do resultado, en cada encontro vanse dando puntos aos ou ás participantes.
Gaña o torneo quen máis puntos teña ao final.
Nalgúns deportes danse puntos ao empatar o partido, mentres que noutros non hai esta posibilidade.
| Vantaxes |
|
| Desvantaxes |
|
A ter en conta na organización das ligas:
- Establecer se a competición será a unha volta ou a dúas.
- Elixir o sistema de puntuación por vitoria, derrota e empate que recibirá cada equipo en cada xornada.
- Para facilitar o manexo do calendario de puntuación adxudicar un número a cada equipo.
- Tratar de que os e as participantes teñan o mesmo tempo de descanso entre partido e partido.
Exemplo de liga:
Liga de 5 equipos con ida e volta e sen contar os empates.
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | Gañados | Puntos a favor | Puntos en contra | Clasificación | |
| 1 | 1-2 | 1-3 | 1-4 | 1-5 | |||||
| 2 | 2-1 | 2-3 | 2-4 | 2-5 | |||||
| 3 | 3-1 | 3-2 | 3-4 | 3-5 | |||||
| 4 | 4-1 | 4-2 | 4-3 | 4-5 | |||||
| 5 | 5-1 | 5-2 | 5-3 | 5-4 |
Eliminatorias
As persoas participantes van enfrontándose por eliminatorias ata chegar a unha final. O cadro de partidos é elixido pola organización por sorteo ou por niveis ou ranking dos participantes (normalmente evitando que os ou as participantes con maior nivel se enfronten nas primeiras roldas).
O equipo que gaña pasa de rolda e o que perde queda eliminado, aínda que hai torneos nos que pode seguir xogando para fomentar a participación:
- Repescas: os equipos ou xogadores/as que perdan teñen a oportunidade de reincorporarse nalgunha das seguintes roldas. Por exemplo, é moi común en deportes de loita como o Judo.
- Roldas de consolación: os equipos eliminados e que só xogaron 1 ou 2 partidos poden xogar entre eles nun cadro de eliminatorias diferente ao principal.
| Vantaxes |
|
| Desvantaxes |
|
A ter en conta na organización das eliminatorias:
- Seleccionar o número de roldas en función do número de equipos, sempre tendo en conta que os equipos sexan potencia de 2: final (2 equipos), semifinais (4 equipos), cuartos de final (8 equipos), oitavos de final (16 equipos), dezaseisavos de final (32 equipos)... No caso de que esta condición non se cumpra, inicialmente algúns equipos farán unha rolda previa e outros comezarán directamente na rolda seguinte.
- Elixir se o cadro de eliminatorias se fai por sorteo ou por cabezas de serie (tendo en conta unha clasificación anterior evitando que se enfronten os mellores inicialmente).
- Respectar a orde dos enfrontamentos para que todos os equipos descansen o mesmo.
- Decidir se facer roldas de consolación ou repescas.
Exemplo de cadro de eliminatorias:
Eliminatorias desde cuartos de final con 8 equipos.
| PARTIDO A: EQUIPO 1 - EQUIPO 2 |
Semifinal 1: GAÑADOR PARTIDO A - GAÑADOR PARTIDO B |
FINAL: GAÑADOR SEMIFINAL 1- GAÑADOR SEMIFINAL 2 |
| PARTIDO B: EQUIPO 3 - EQUIPO 4 | ||
| PARTIDO C: EQUIPO 5 - EQUIPO 6 |
Semifinal 2: GAÑADOR PARTIDO C - GAÑADOR PARTIDO D |
|
| PARTIDO D: EQUIPO 7 - EQUIPO 8 |
Lectura facilitada
Os participantes van enfrontándose por eliminatorias ata a final.
O cadro de partidos é elixido pola organización por sorteo ou por niveis dos participantes. Normalmente, evítase que os ou as participantes con maior nivel se enfronten nas primeiras roldas.
O equipo que gaña pasa de rolda e o que perde queda eliminado. Hai torneos nos que o equipo perdedor pode seguir xogando para fomentar a participación:
- Repescas: os equipos ou participantes que perdan teñen a oportunidade de volver participar. É moi común en deportes de loita como o Judo.
- Roldas de consolación: os equipos eliminados e que só xogaron 1 ou 2 partidos poden xogar entre eles nun cadro de eliminatorias diferente.
| Vantaxes |
|
| Desvantaxes |
|
A ter en conta na organización das eliminatorias:
- Seleccionar o número de roldas en función do número de equipos.
- Elixir se o cadro de eliminatorias se fai por sorteo ou por cabezas de serie.
- Respectar a orde dos enfrontamentos para que todas as persoas descansen o mesmo.
- Decidir se facer roldas de consolación ou repescas.
Exemplo de cadro de eliminatorias:
Eliminatorias desde cuartos de final con 8 equipos.
| PARTIDO A: EQUIPO 1 - EQUIPO 2 |
Semifinal 1: GAÑADOR PARTIDO A - GAÑADOR PARTIDO B |
FINAL: GAÑADOR SEMIFINAL 1- GAÑADOR SEMIFINAL 2 |
| PARTIDO B: EQUIPO 3 - EQUIPO 4 | ||
| PARTIDO C: EQUIPO 5 - EQUIPO 6 |
Semifinal 2: GAÑADOR PARTIDO C - GAÑADOR PARTIDO D |
|
| PARTIDO D: EQUIPO 7 - EQUIPO 8 |
Por extensión ou sube e baixa
Nos torneos por extensión ou por ranking cada participante ou equipo reta a outro mellor clasificado e, se vence, gáñalle o posto ou suma un maior número de puntos, co obxectivo de chegar ao primeiro posto e manterse nel.
| Vantaxes |
|
| Desvantaxes |
|
A ter en conta na organización dos torneos por extensión:
- Quen participa ten que ter moi claro inicialmente como son as normas do torneo e as súas responsabilidades na organización.
- Tratar de que todo o mundo teña as mesmas oportunidades de subir postos na clasificación.
- Inicialmente pode partirse de posicións por sorteo ou por clasificacións previas.
Exemplos de torneos por extensión:
Simulan en forma a algún obxecto.
Escaleira
É o máis simple. En cada chanzo comezan 2 equipos. O que gaña sobe de chanzo e o que perde, baixa, co obxectivo de chegar ao chanzo máis alto.
Pirámide
Ordena os equipos por nivel, con máis de 2 equipos en cada nivel inicialmente. Cada equipo só pode retar os equipos que nese momento están no seu mesmo nivel, de maneira que, se gaña, sobe de nivel e, se perde, baixa.
Cheminea

.png)
Mistura dos anteriores. En forma de pirámide nos niveis inferiores e de escaleira nos últimos tres chanzos.
Arañeira
Similar aos anteriores, pero hai que intentar chegar ao centro da arañeira.
Lectura facilitada
Cada participante ou equipo reta outro mellor clasificado, e se vence, gáñalle o posto ou suma un maior número de puntos, co obxectivo de chegar ao primeiro posto e manterse nel.
| Vantaxes |
|
| Desvantaxes |
|
A ter en conta na organización dos torneos por extensión:
- Quen participa ten que que ter moi claro inicialmente como son as normas do torneo e as súas responsabilidades na organización.
- Tratar de que todo o mundo teña as mesmas oportunidades de subir postos na clasificación.
- Inicialmente, pode partirse de posicións por sorteo ou por clasificacións previas.
Exemplos de torneos por extensión:
Simulan en forma a algún obxecto.
Escaleira
É o máis simple. En cada chanzo comezan 2 equipos. O que gaña, sobe de chanzo, e o que perde, baixa. O obxectivo é chegar ao chanzo máis alto.
Pirámide
Ordena os equipos por nivel, con máis de 2 equipos en cada nivel, inicialmente.
Cada equipo só pode retar os equipos que nese momento están no seu mesmo nivel, de maneira que se gaña, sobe de nivel, e se perde, baixa.
Cheminea

.png)
Mistura dos anteriores.
En forma de pirámide nos niveis inferiores e de escaleira nos últimos tres chanzos.
Arañeira
Similar aos anteriores, pero hai que intentar chegar ao centro da arañeira.
Combinados
Combinación dos anteriores. O máis habitual é combinar unha fase de grupos previa en formato liga e eliminatorias posteriores tendo en conta as clasificacións da liga previa para facer os enfrontamentos.
Outros
O rei ou raíña da pista
Quen gaña segue xogando.
Circuítos por ranking
Recibes diferente puntuación en función do ranking xeral do xogador ou xogadora ou equipo ao que gañas.