Ampliación e mellora
As imaxes estenopeicas fórmanse cando se coloca un pequeno orificio entre o obxecto que queremos proxectar e a pantalla, sempre que a relación entre o diámetro do orificio e a distancia á pantalla sexa axeitada.
Proponse un experimento cunha cartolina na que se farán tres orificios con formas non circulares, en proporcións semellantes ás do debuxo. Ao situar a cartolina entre o Sol e unha folla que actúe como pantalla de proxección.
Poderemos comprobar que, segundo a distancia á que coloquemos a folla, as figuras iniciais acaban transformándose en círculos, estaremos vendo a imaxe do Sol.