Virando ao redor da eclipse
Fabricarás un volante cómodo de suxeitar durante a eclipse. O seu estenopo (o pequeno burato central) permitirá proxectar a imaxe do Sol sobre unha superficie. Ao xirar o disco central poderás seguir a evolución das distintas fases da eclipse mentres les unha breve explicación de cada unha.
Busca un lugar despexado, sen árbores nin obstáculos, desde o que poidas ver o Sol con claridade, e orienta o teu visor na dirección axeitada.
Deberás atopar a distancia correcta entre o volante e a superficie de proxección para que a imaxe apareza nítida.
Carné oficial de guía da eclipse
Lembra que, para obter o teu certificado astronómico como guía oficial da eclipse, precisas documentar ben esta actividade e compartila no espazo Polos creativos da páxina web do centro.
A superación deste reto equivale á Misión 2 do teu certificado.
Unha vez teñas superadas as dúas misións propostas, conseguirás o teu certificado astronómico.
