Competencias clave
Este reto está enmarcado na aprendizaxe dentro dos Polos creativos dos centros educativos galegos.
As competencias que se mobilizan, segundo o especificado na LOMLOE, son:
- Competencia en matemática e en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM): Resolución de problemas reais.
- Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA): Capacidade para reflexionar sobre un mesmo e xestionar a propia aprendizaxe e as emocións.
- Competencia emprendedora (CE): Capacidade de actuar sobre oportunidades e ideas para xerar valor para outros.
- Competencia en comunicación lingüística (CCL): Habilidades para interactuar de forma oral, escrita ou signada de xeito coherente.