O vento solar
O vento solar é un fluxo continúo de partículas cargadas que provén do Sol e que está constituido por protóns e electróns, é un autentico plasma que sopla en todas as direccións e impacta contra todos os elementos do noso sistema solar, incluido o noso planeta, a Terra.
A sonda Parker Solar Probe da NASA foi a primeira en tocar o Sol, en 2021 atravesou a coroa solar, aquela que podermos observar na eclipse total. Esta sonda explora o Sol e envia datos para seguir investigando. Es uno de los objetos máis incribles creados polo ser humano e que chegará máis lonxe.
As súas tres misións principais son:
- Estudar a coroa solar: Investigar a atmosfera externa do Sol, que é moito máis quente que a súa superficie visible.
- Comprender o vento solar: Analizar como se acelera e propágase o vento solar e as partículas de alta enerxía.
- Meteoroloxía espacial: Recompilar datos cruciais para predicir tormentas solares que poderían afectar os satélites e as redes eléctricas na Terra.
Os ollos do sistema Solar
A sonda Parker foi un dos grandes fitos da humanidade, dende esta imaxe interactiva da NASA podes explorala en profundidade.
As ilusións opticas
Vivir de ilusións
As ilusións ópticas son imaxes que enganan á nosa vista, percibindo unha realidade distorsionada. É moi común ollar imaxes e ter diferentes percepcións dependendo de onde fixes a túa ollada: liñas que se afastan ou partes que parecen moverse. Ciencia ou maxia? Simplemente ilusións ópticas.
Un fenacitiscopio é un xoguete óptico inventado en 1832 que crea a ilusión de movemento a partir dunha secuencia de imaxes fixas. Está considerado un dos antecedentes máis importantes do cinema e da animación moderna. O aparello consiste nun disco de cartón cunha serie de debuxos dispostos en círculo. Entre cada debuxo hai unha pequena fenda vertical. Para ver o efecto, a persoa debe colocar o disco fronte a un espello, facelo xirar a gran velocidade e mirar a través das fendas: as imaxes estáticas fúndense e parecen gañar vida.
O fenacistiscopio funciona grazas a dous fenómenos combinados:
- Persistencia retiniana: O ollo humano retén unha imaxe na retina durante unha fracción de segundo despois de que esta desapareza.
- Efecto estroboscópico: As fendas do disco actúan como un obturador. Cortan a visión entre un debuxo e o seguinte, evitando que vexamos unha mancha borrosa e permitindo que o cerebro una as imaxes separadas nun movemento fluído.
Os discos de Newton e Benham son dous experimentos visuais clásicos que demostran como o noso cerebro procesa a luz e a cor.
Disco de Newton
- O funcionamento e partes: É un círculo dividido en sectores pintados con todas cores do arco da vella (vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, añil e violeta).
- O efecto óptico: Ao virar o disco a gran velocidade, o ollo humano non pode procesar as cores de xeito individual, o cerebro os suma todas as cores e percibe o disco de cor branca.
Disco de Benham
- O funcionamento e partes: Consiste nun disco onde a metade é negra e a outra metade é branca cunha serie de arcos negros descontinuos en posicións específicas.
- O efecto óptico: Ao virar o disco lentamente, percíbense franxas de cores pálidas (vermello, verde, azul). Isto ocorre porque os fotorreceptores da retina (as células conos e bastóns) responden á luz e recupéranse a ritmos diferentes.