Vento solar e ilusións ópticas
Construiremos un prototipo de muíño de vento experimental. Será un dispositivo rotatorio accionado polo vento que transforma o movemento do aire en movemento circular.
incorpora patróns visuais para experimentar fenómenos de percepción como o disco de Newton e o efecto Benham, permitindo explorar a mestura visual das cores e as ilusións ópticas xeradas polo movemento.
Carné oficial de guía da eclipse
Lembra que, para obter o teu certificado astronómico como guía oficial da eclipse, precisas documentar ben esta actividade e compartila no espazo Polos creativos da páxina web do centro.
A superación deste reto equivale á Misión 2 do teu certificado.
Unha vez teñas superadas as dúas misións propostas, conseguirás o teu certificado astronómico.
