Competencias clave
Este reto está enmarcado na aprendizaxe dentro dos Polos creativos dos centros educativos galegos.
As competencias que se mobilizan, segundo o especificado na LOMLOE, son:
- Competencia en matemática e en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM): Capacidade de utilizar números, razoamento matemático e o método científico para comprender o mundo.
- Competencia dixital (CD): Uso seguro e crítico das tecnoloxías da información e a comunicación.
- Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA): Habilidade para autorregular a aprendizaxe, xestionar emocións e colaborar con outras persoas.
- Competencia emprendedora (CE): Creatividade, autonomía e resolución de problemas.
- Competencia en comunicación lingüística (CCL): Lectura, escritura, fala i escoita.