Investigando coa placa micro:bit
Eclipse monitorizada
O reto consiste en realizar unha estación de medición para tomar datos de temperatura e iluminación durante a eclipse solar.
![]() |
![]() |
Para levar a cabo este reto, terás que fabricar este prototipo de cartón, que está deseñado para unha inclinación do sol duns 11º. O modelo ten unhas marcas inferiores para que che sexa sinxelo adaptar a inclinación (para mitigar as irregularidades da base sobre a que coloques a estación) colocando un bolígrafo ou outro obxecto.
Carné oficial de guía da eclipse
Lembra que, para obter o teu certificado astronómico como guía oficial da eclipse, precisas documentar ben esta actividade e compartila no espazo Polos creativos da páxina web do centro.
A superación deste reto equivale á Misión 2 do teu certificado.
Unha vez teñas superadas as dúas misións propostas, conseguirás o teu certificado astronómico.

