Section outline

    • A próxima xuntanza do  Equipo de Igualdade terá lugar o mércores 25 de febreiro de 2026 durante o recreo no Paraninfo.

    • ANO CASTELAO...

      Representación do alumnado de Lingua Galega de 1º Bach do curso 2024_25.

      Pincha na seguinte ligazón vídeo.

    • Exposición de arte "De Eva a Maruxa no noso centro a partir do 2 de marzo de 2026 : “O corpo da muller, representado” 

      Mostra de arte con perspectiva feminista na que participamos coa coordinación de Adriana (profesora de historia) o curso pasado xunto a outros centros educativos de Pontevedra e que foi exposta en todos os que participaron.
      Haberá paneis polo corredor da planta baixa, xogos na biblioteca que se poden manipular, un photocall ao lado das escaleiras, etc.
      para reflexionar sobre o tratamento do corpo damuller na pintura, ou coas artistas mesmas ao longo da historia da arte. Así que animámosvos, dende o equipo de igualdade a que a visitedes.

    • ACTIVIDADE DO EQUIPO DE IGUALDADE: “O corpo da muller, representado” 

      Propoñemos unha actividade para reflexionar conxuntamente sobre a visión da muller ao longo da Historia e na actualidade, analizando as súas representacións artísticas ao longo do tempo. Esta actividade enmárcase nun proxecto colectivo no que participan distintos institutos da cidade de Pontevedra, coordinado pola área de igualdade municipal e comisariado por Montse Fajardo.

      O seu obxectivo final é a preparación dunha exposición titulada “De Eva a Maruxa”, que circulará polos centros participantes durante o curso 2025/26. Esta exposición, ademais de xerar diversas actividades, contará cunha cobertura mediática que esperamos que teña un impacto relevante na nosa vila. A mostra analizará a relación entre a muller e a arte, tanto dende a perspectiva das mulleres representadas como da das mulleres artistas.

      Os contidos serán o resultado do traballo co alumnado, e a cada centro corresponderalle un subtema. No noso caso, no IES Valle Inclán abordaremos a reflexión sobre a representación dos corpos femininos.

       Desenvolvemento da actividade:

       Duración: 1-2 sesións de titoría 

       o O/a titor/a presenta tres obras seleccionadas para cada grupo (todos os grupos da ESO traballarán con obras diferentes). 

       o O alumnado escolle, por votación, a obra que máis lle interese traballar.

       o Organízanse cinco grupos de seis persoas. 

       o Cada grupo reflexiona sobre a obra e busca unha boa resposta á pregunta asignada (cada grupo terá unha cuestión diferente, e é importante abordala con rigor, xa que estamos a elaborar contidos para unha exposición).

      o (Opcional) Posta en común das respostas. 

      o Envío da obra seleccionada e das respostas ao Clube de Igualdade (indicaremos o procedemento de entrega).

      Data límite de entrega: 21 de marzo.

       Agradecemos moito a vosa colaboración e quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou cuestión.

      Coordinadora da actividade: Adriana Ramos Mouzo

      EQUIPO DE IGUALDADE 

    • A EXPO DE EVA A MARUXA CHEGARÁ AO NOSO CENTRO O 2 DE MARZO

      Poderás disfrutala e visitala polos corredores do insti pero non esquezas coidar o material que tamén está feito por alumnado doutros centros coma o noso!

    • Outro ano mais estamos o Equipo de Igualdade do IES Valle Inclán!

      Temos moitas ideas e ganas de compartilas con vós e oír a vosas para este novo ano.

      Benvidas e benvidos!!


    • XOGOS INTERACTIVOS PARA AS TITORÍAS

      A Memoria das Mulleres é un proxecto do Concello de Pontevedra que pretende dar a coñecer e dar voz ás mulleres do municipio. Queremos presentarvos e pór ao voso dispor unha serie de recursos lúdicos, que creamos ao redor do proxecto e que pensamos, poden ser de interese para tratar nas aulas.

      Trátase de catro xogos interactivos realizados coa ferramenta genial.ly, pensados para a mocidade de Pontevedra, todos eles centrados na historia e na memoria das mulleres pontevedresas:

      Do Gris ao Violeta Xogos

    • Tedes recursos para traballar a igualdade nas aulas na ligazón ao seguinte blog:

    • ESPAZO SEGURO!

      Descarga pinchando na seguinte ligazón o  novo calendario de gardas de alumnado e profesorado do Espazo Seguro para a 2ª Avaliación:

      Cadro gardas Espazo Seguro

    • NORMAS FUNCIONAMENTO DO ESPAZO SEGURO


    • SEMANA INTERCULTURAL FEMINISTA 2026

      PODES DESCARGAR O PROGRAMA NA SEGUINTE LIGAZÓN

    • 25N25

       Camiño violeta 25N25 con lecturas dos poemas de Elisabete Oliveira, Margaret Saekville e Reshma Ramesh traducido por Oriana Méndez participan IES Frei Martin Sarmiento, IES Sánchez Cantón e o IES Valle-Inclán.

      Itinerario e poemas 

    • 25N25

      As alumnas Nerea Moares e Paula Rodríguez de 2ºESO recibiron un agasallo personalizado por parte da asociación ASAMPO pola súa participación con sendas redaccións sobre o muro do 25N que está na casa azul do concello de Pontevedra.

       

    • Participa no concurso e anima á túa clase a facelo, o día 26 de novembro terá lugar a entrega de premios e lectura dos poemas no Paraninfo a 5ªhora para todo 1ºESO!
    • Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

      Esta obra terá lugar o 18 de decembro de 2023 ás 10:30h para o alumnado de 1ºBach.

      Pincha na seguinte ligazón para acceder ao Dossier

    • Pica na imaxe para acceder ao pdf da actividade de titoría "Camisetas 25N"

    • Video conxunto de tódolos Equipos de Igualdade dos IES de Pontevedra  das Frechas Violetas



    • Inauguración da Semana Intercultural Feminista na entrada do centro durante o primeiro recreo do luns 10 de marzo de 2025:

      • Breve discurso da coordinadora de igualdade Dona Elisabete Oliveira e do director do centro D. Daniel Mejuto.

      • Lectura de Sara Fernández de 1ºESO do manifesto pola igualdade feito polo do alumnado do IES Sánchez Cantón.

      • Decoración da entrada do instituto con bandeiras de distintos países e carteis con lemas feministas en varios idiomas.

    • Tal e como se informou polas clases no día de hoxe, podedes enviar aquí as receitas en formato A5 co nome da comida a bandeira do país, ingredientes, foto do prato, elaboración e xustificación da transmisión familiar a través das nais, avoas...

      Podedes ver un exemplo nos arquivos adxuntos.

    • Degustación o martes 11 de marzo de 2025 de 14 a 15 h no patio interior do centro dos pratos típicos de diferentes países e culturas baixo o título "Sabores do mundo: cociña con nome de muller".

    • RECITAL POÉTICO

      "Versos pola Igualdade"

    • MULLERES NA MÚSICA

      Entre na seguinte ligazón para reproducir o vídeo.

      Video Mulleres na Música

    • MATRIA

      Pincha na imaxe para descargar a Unidade Didáctica da película Matria.

    • CONCERTO DE CLAUSURA DA SEMANA INTERCULTURAL FEMINISTA

    • Mulleres Referentes

      Aquí tedes a historia non contada de Alice Guy-Blaché, muller referente no cinema, (en versión orixinal)

    • Entrevista de Luca, Martina e Francisco ao escritor, crítico e director de cine Bob Pop o día 22 de outubro de 2024 no nos centro:

                                                 
    • 25N CURSO  2024_25

    • ESCRIBE O TEU LEMA NAS TITORÍAS E O DÍA 20 PREPARAREMOS OS CARTEIS E AS CAMISETAS A 3ªHORA PARA TER TODO PREPARADO PARA O DÍA 25!!!

        


    • A actividade proposta polo Equipo de Igualdade para conmemorar o día da non violencia contra as mulleres o 25N consistirá en facer unha cadea humana co alumnado do Equipo de Igualdade desde o noso centro ata o IES Sánchez Cantón levando camisetas con lemas que mostren o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres e ánimo para todas as vítimas, pero en calquera caso se vos ocorren máis propostas e ideas facédenolas chegar a través desta tarefa.

      Contamos con todas e todos vos!!

    • CAMPAÑA 2024 DO 25N DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

          


          

        

    • ACTIVIDADE 25N 2024
      CADEA HUMANA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO ENTRE O IES SÁNCHEZ CANTÓN E O IES VALLE-INCLÁN

       

       

      Prema aquí para ler a noticia no Faro de Vigo

      Prema aquí para ler a noticia en Pontevedraviva

    • Frechas indultadas:

       



    • XII DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC

      PINCHA NA IMAXE PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN


    • Pincha na imaxe para ver a publicación

    • ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DO PROGRAMA MEMORIA DE ELEFANTA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

    • Durante o mes de xuño fixemos roteiros de memoria histórica en Pontevedra co programa de Memoria de Elefanta con todo o alumnado de 4ºESO.

    • ACTIVIDADES MEMORIA DE ELEFANTA 2025 PARA 2ºESO

      • CINEFÓRUM CON MARÍA XESÚS LÓPEZ ESCUDEIRO
      • ROTEIRO CASTELAO
      • OBRADOIRO COA INFLUENCER PRADO RÚA PARA A ELABORACIÓN DE REELS SOBRE CASTELAO

      Actividades na Biblioteca do centro (pincha na imaxe para ver o instagram)

      Recursos recomendados por  @prado_rua para a realización de reels:

      Calendario

      CapCut

      Freepik

      Jamendo

      Mojo

      Trello

      Giphy

    • 8 de marzo 2024

      O próximo venres 8 de marzo faremos unha exposición na entrada do insti coas imaxes que nos pasedes, Animádevos a participar!!


      Fotografía feita pola profesora Andrea López Iglesias do Departamento de EPV

    • O pasado 26 de febreiro a alumnada Martiña Riobó Touriño elaborou e
      leu no pleno municipal o manifesto para o 8M en representación do
      Consello da Muller Nova do Concello de Pontevedra.

      Prema nas seguintes ligazóns para ler a noticia:

      Descarga aquí o Manifesto feminista 8M 2024.

    • ESTUDO DAS NOTAS MEDIAS DO ALUMNADO DE CUARTO DA ESO SEPARADO POR MATERIAS E POR SEXOS.

      Pincha aquí para entrar na web sobre a valoración do traballo de mulleres e homes a nivel mundial.

    • ACTIVIDADES DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA O 8M

       

    • Lectura manifesto 8M e poema Recollendo o relevo por Elisabete Oliveira.

    • Pincha na imaxe para descargar o contido.

    • Pegada de carteis no panel de Igualdade o 11 de outubro de 2023

    • Alumnas finalistas do concurso #nosdueleatodos coa sua curta “No viene de golpe” que podedes visualizar na seguinte ligazón:

      No viene de golpe

    • Gamers e Influencers 2025

      Os obradoiros este ano estiveron dirixidos al alumnado de 1ºESO.



    • TEATRO O DÍA 18 DE ABRIL DE 2024- PODEDES DESCARGAR A OBRA E A UNIDADE DIDÁCTICA NA SEGUINTE LIGAZÓN:

      Brokeback Sabucedo paixón entre bestas

      O pasado xoves 18 de abril de 2024 o alumnado dos equipos de igualdade dos centros de Pontevedra e de 1º de Bach do noso centro abarrotou o Teatro principal para asistir á obra de teatro “BROKEBACK SABUCEDO”, PAIXÓN ENTRE BESTAS” de temática LGTBIQ+ para abordar o problema da LGTBIfobia e como telón de fondo a Rapa das Besras de Sabucedo. ?️‍?
    • GAMERS E INFLUENCERS

      Obradoiros "Gamers e Influencers" para tratar a igualdade de xénero a cargo de Priscila Retamozo @priscila.retamozo para todo o noso alumnado de 2ºESO, organizados polo CIM do Concello de Pontevedra.

    • Pincha na ligazón para cubrir a enquisa de espazos comúns da que falamos na última reunión.

    • 25 de abril de 2024 XII Día Internacional das Rapazas nas TIC

    • Pica na imaxe para ler a noticia completa do domingo 21 de abril 2024:

    • Proposta mes de outubro.

      Película: "Match: La reina de las apps de citas'"  preséntase como un biopic en grao sumo interesante para reflectir a cultura machista que se esconde entre os muros dalgunhas grandes empresas a través da historia de Whitney Wolfe Herd, fundadora de Bumble e executiva de éxito. Pódese ver en canal Disney+.

      Lectura:"As ninguén" de Elisabeth Oliveira

      Elisabeth Oliveira é unha profesora de Francés do IES VALLE-INCLÁN e escritora galega. O seu último poemario "As Ninguén" (2025) segundo Ramón Rozas "unha proposta comprometida con sentirse muller na nosa sociedade e a maneira en que o tempo serve para construír unha identidade determinada".

       
    • A recomendación para mes de novembro:

      Lectura:  “Pel de Cordeiro” de Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019), «Golpes de luz» (2021) e «Pel de cordeiro» (2024). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), Premio Lazarillo, Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016); «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego; «Conexión Macarrón» (Xerais 2019); «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020); «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» (Xerais 2023), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela «O neno de lume» (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz» (Xerais 2023). «A lebre mecánica» (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón, «Sete dentes de león» (Xerais, 2023). No ano 2024 inicia unha nova serie infantil para primeiros lectores con catro títulos ata o momento «Curriño. O can influencer», «Curriño. Benvido ao equipo», «Curriño. Fama ou fuga» e «Curriño. Salchichas picantes». Edición Xerais.

      Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso. Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.

    • Proposta mes de xaneiro.

      Lectura:"Comerás flores" de Lucía Solla Sobral. (Marín, 1989) é unha escritora galega. Coa súa primeira novela, Comerás flores (2025), gañou o Premio O Ollo Crítico de Narrativa 2025. 

       Meses despois da morte do seu pai e recentemente graduada, Mariña coñece a Jaime, un home vinte anos maior que ela que irrompe na súa vida colmándoa de atencións e plans. En pouco tempo, o seu día a día dá un envorco: pasa de compartir piso co seu mellor amiga Diana, de ir a concertos e de saír de festa a instalarse no cómodo apartamento de Jaime e cear cada fin de semana nos mellores restaurantes.

      Cegada pola sofisticada vida adulta e o encanto de Jaime, quen tamén se gaña á súa familia, Mariña vese mergullada por completo no seu mundo, comezando a esquecer o que a definía.

      Cunha prosa que oscila entre a delicadeza lírica e a crueza visceral, Comerás flores, a novela debut de Lucía Solla Sobral, explora que significa ser novo, madurar e construírse unha identidade. Unha novela sobre as distintas caras do amor e os espellismos das relacións desiguais, as dificultades do duelo e a amizade como refuxio.

       
    • Este espazo serve para propoñer e recomendar recursos audioviduais e lecturas de interese para toda a comunidade escolar.

      A recomendación para mes de febreiro:

      Lectura:  “Xoan Xoana” de Francisco Castro, XIX Premio de literatura infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez”.

      "Francisco Castro nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia."

      A recomendación para o mes de marzo:

      Película: "La costilla de Adán

      É unha película estadounidense de 1949 dirixida por George Cukor e con Katharine Hepburn e Spencer Tracy como actores principales. É unha comedia áxil e entretida que funciona como unha alegación feminista. Pon en relevo a dobre moral patriarcal e o trato privilexiado que na práctica concedíase nos tribunais de moitos países ao marido que "defende a súa honra" asasinando á súa esposa infiel.

      Lectura: "22 segundos" de Eva Mejuto

      "Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalisno na USC e traballou no sector editorial infantil, desde 1998 ata o 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster “Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela " 22 segundos " é a súa primeira incursión na narrativa xuvenil (Xerais, 2017)."

      Serie: HEARTSTOPPER

      Heartstopper, que se podería traducir en galego como Parador-de-corazóns, é unha serie de televisión británica de Netflix. É unha adaptación da novela gráfica homónima de Alice Oseman. A serie foi escrita pola propia Oseman, e conta a historia de Charlie Spring (Joe Locke), un estudante de secundaria homosexual que se namora do seu compañeiro Nick Nelson (Kit Connor), que senta ao pé del na clase. Tamén explora as vidas de Tao (William Gao), Elle (Yasmin Finney), Tara (Corinna Brown) e Darcy (Kizzy Edgell).

      Heartstopper estreouse o 22 de abril de 2022. Recibiu aclamación da crítica, en particular polo seu ton e ritmo, así como pola súa representación da comunidade LGBT. Gañou popularidade instantaneamente, e situouse entre as 10 mellores series inglesas de Netflix en só dous días. Tamén provocou o aumento da sona das novelas gráficas, así como das cancións da serie. Isto acabou levando por exemplo a que en setembro de 2024 se publicase a tradución galega de Heartstopper (Xerais).

      Esperamos que vos gusten!

    • As recomendacións para mes de abril:

      Película: “Te doy mis ojos”

      Una noche de invierno, Pilar sale huyendo de su casa llevándose consigo apenas cuatro cosas y a su hijo Juan. Pilar se escapa de Antonio, un marido que la maltrata y con el que lleva casada 9 años. Antonio no tarda en ir a buscarla ya que según él: Pilar 'le ha dado sus ojos'.

      Libro: "Invisibles"


      'Invisibles' recolle oito casos reais de malos tratos cos que se pretende poñer o foco na invisibilidade das mulleres que son víctimas e na onda expansiva que os malos tratos provoca e que afecta, principalmente, á descendencia da parella.

    • EXPOSICIÓNS

      Mulleres en Vanguardia no Museo Reina Sofía de Madrid

      Maruja Mayo "La verbena 1927"

      Ángeles santos "La Tertulia" 1929 Delhy Tejero "Brujas con candiles " 1932