Section outline

    • Exposición de arte "De Eva a Maruxa no noso centro a partir do 2 de marzo de 2026 : “O corpo da muller, representado” 

      Mostra de arte con perspectiva feminista na que participamos coa coordinación de Adriana (profesora de historia) o curso pasado xunto a outros centros educativos de Pontevedra e que foi exposta en todos os que participaron.
      Haberá paneis polo corredor da planta baixa, xogos na biblioteca que se poden manipular, un photocall ao lado das escaleiras, etc.
      para reflexionar sobre o tratamento do corpo damuller na pintura, ou coas artistas mesmas ao longo da historia da arte. Así que animámosvos, dende o equipo de igualdade a que a visitedes.

    • ACTIVIDADE DO EQUIPO DE IGUALDADE: “O corpo da muller, representado” 

      Propoñemos unha actividade para reflexionar conxuntamente sobre a visión da muller ao longo da Historia e na actualidade, analizando as súas representacións artísticas ao longo do tempo. Esta actividade enmárcase nun proxecto colectivo no que participan distintos institutos da cidade de Pontevedra, coordinado pola área de igualdade municipal e comisariado por Montse Fajardo.

      O seu obxectivo final é a preparación dunha exposición titulada “De Eva a Maruxa”, que circulará polos centros participantes durante o curso 2025/26. Esta exposición, ademais de xerar diversas actividades, contará cunha cobertura mediática que esperamos que teña un impacto relevante na nosa vila. A mostra analizará a relación entre a muller e a arte, tanto dende a perspectiva das mulleres representadas como da das mulleres artistas.

      Os contidos serán o resultado do traballo co alumnado, e a cada centro corresponderalle un subtema. No noso caso, no IES Valle Inclán abordaremos a reflexión sobre a representación dos corpos femininos.

       Desenvolvemento da actividade:

       Duración: 1-2 sesións de titoría 

       o O/a titor/a presenta tres obras seleccionadas para cada grupo (todos os grupos da ESO traballarán con obras diferentes). 

       o O alumnado escolle, por votación, a obra que máis lle interese traballar.

       o Organízanse cinco grupos de seis persoas. 

       o Cada grupo reflexiona sobre a obra e busca unha boa resposta á pregunta asignada (cada grupo terá unha cuestión diferente, e é importante abordala con rigor, xa que estamos a elaborar contidos para unha exposición).

      o (Opcional) Posta en común das respostas. 

      o Envío da obra seleccionada e das respostas ao Clube de Igualdade (indicaremos o procedemento de entrega).

      Data límite de entrega: 21 de marzo.

       Agradecemos moito a vosa colaboración e quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou cuestión.

      Coordinadora da actividade: Adriana Ramos Mouzo

      EQUIPO DE IGUALDADE 

    • A EXPO DE EVA A MARUXA CHEGARÁ AO NOSO CENTRO O 2 DE MARZO

      Poderás disfrutala e visitala polos corredores do insti pero non esquezas coidar o material que tamén está feito por alumnado doutros centros coma o noso!