Section outline

    • Proposta mes de outubro.

      Película: "Match: La reina de las apps de citas'"  preséntase como un biopic en grao sumo interesante para reflectir a cultura machista que se esconde entre os muros dalgunhas grandes empresas a través da historia de Whitney Wolfe Herd, fundadora de Bumble e executiva de éxito. Pódese ver en canal Disney+.

      Lectura:"As ninguén" de Elisabeth Oliveira

      Elisabeth Oliveira é unha profesora de Francés do IES VALLE-INCLÁN e escritora galega. O seu último poemario "As Ninguén" (2025) segundo Ramón Rozas "unha proposta comprometida con sentirse muller na nosa sociedade e a maneira en que o tempo serve para construír unha identidade determinada".

       
    • A recomendación para mes de novembro:

      Lectura:  “Pel de Cordeiro” de Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019), «Golpes de luz» (2021) e «Pel de cordeiro» (2024). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; ou «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), Premio Lazarillo, Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019. En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016); «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego; «Conexión Macarrón» (Xerais 2019); «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020); «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» (Xerais 2023), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela «O neno de lume» (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz» (Xerais 2023). «A lebre mecánica» (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón, «Sete dentes de león» (Xerais, 2023). No ano 2024 inicia unha nova serie infantil para primeiros lectores con catro títulos ata o momento «Curriño. O can influencer», «Curriño. Benvido ao equipo», «Curriño. Fama ou fuga» e «Curriño. Salchichas picantes». Edición Xerais.

      Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiadas. Lola é unha muller do século XXI que atravesa unha crise persoal. Entra en contacto cunhas forzas que non comprende. A ruptura coa súa parella, as súas dúbidas sobre a maternidade e o desbloqueo de recordos que tiña esquecidos provócanlle un colapso. Ledicia Costas afonda no espertar sexual, na violencia e na maxia con grandes doses de fantasía. Unha novela hipnótica, que explora o erotismo e a escuridade e nos envolve nunha atmosfera tan terrible como preciosa.

    • Proposta mes de xaneiro.

      Lectura:"Comerás flores" de Lucía Solla Sobral. (Marín, 1989) é unha escritora galega. Coa súa primeira novela, Comerás flores (2025), gañou o Premio O Ollo Crítico de Narrativa 2025. 

       Meses despois da morte do seu pai e recentemente graduada, Mariña coñece a Jaime, un home vinte anos maior que ela que irrompe na súa vida colmándoa de atencións e plans. En pouco tempo, o seu día a día dá un envorco: pasa de compartir piso co seu mellor amiga Diana, de ir a concertos e de saír de festa a instalarse no cómodo apartamento de Jaime e cear cada fin de semana nos mellores restaurantes.

      Cegada pola sofisticada vida adulta e o encanto de Jaime, quen tamén se gaña á súa familia, Mariña vese mergullada por completo no seu mundo, comezando a esquecer o que a definía.

      Cunha prosa que oscila entre a delicadeza lírica e a crueza visceral, Comerás flores, a novela debut de Lucía Solla Sobral, explora que significa ser novo, madurar e construírse unha identidade. Unha novela sobre as distintas caras do amor e os espellismos das relacións desiguais, as dificultades do duelo e a amizade como refuxio.

       
    • Este espazo serve para propoñer e recomendar recursos audioviduais e lecturas de interese para toda a comunidade escolar.

      A recomendación para mes de febreiro:

      Lectura:  “Xoan Xoana” de Francisco Castro, XIX Premio de literatura infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez”.

      "Francisco Castro nado en Vigo o 27 de outubro de 1966, é un escritor e editor galego. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos, e na actualidade na Editorial Galaxia."

      A recomendación para o mes de marzo:

      Película: "La costilla de Adán

      É unha película estadounidense de 1949 dirixida por George Cukor e con Katharine Hepburn e Spencer Tracy como actores principales. É unha comedia áxil e entretida que funciona como unha alegación feminista. Pon en relevo a dobre moral patriarcal e o trato privilexiado que na práctica concedíase nos tribunais de moitos países ao marido que "defende a súa honra" asasinando á súa esposa infiel.

      Lectura: "22 segundos" de Eva Mejuto

      "Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalisno na USC e traballou no sector editorial infantil, desde 1998 ata o 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster “Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela " 22 segundos " é a súa primeira incursión na narrativa xuvenil (Xerais, 2017)."

      Serie: HEARTSTOPPER

      Heartstopper, que se podería traducir en galego como Parador-de-corazóns, é unha serie de televisión británica de Netflix. É unha adaptación da novela gráfica homónima de Alice Oseman. A serie foi escrita pola propia Oseman, e conta a historia de Charlie Spring (Joe Locke), un estudante de secundaria homosexual que se namora do seu compañeiro Nick Nelson (Kit Connor), que senta ao pé del na clase. Tamén explora as vidas de Tao (William Gao), Elle (Yasmin Finney), Tara (Corinna Brown) e Darcy (Kizzy Edgell).

      Heartstopper estreouse o 22 de abril de 2022. Recibiu aclamación da crítica, en particular polo seu ton e ritmo, así como pola súa representación da comunidade LGBT. Gañou popularidade instantaneamente, e situouse entre as 10 mellores series inglesas de Netflix en só dous días. Tamén provocou o aumento da sona das novelas gráficas, así como das cancións da serie. Isto acabou levando por exemplo a que en setembro de 2024 se publicase a tradución galega de Heartstopper (Xerais).

      Esperamos que vos gusten!

    • As recomendacións para mes de abril:

      Película: “Te doy mis ojos”

      Una noche de invierno, Pilar sale huyendo de su casa llevándose consigo apenas cuatro cosas y a su hijo Juan. Pilar se escapa de Antonio, un marido que la maltrata y con el que lleva casada 9 años. Antonio no tarda en ir a buscarla ya que según él: Pilar 'le ha dado sus ojos'.

      Libro: "Invisibles"


      'Invisibles' recolle oito casos reais de malos tratos cos que se pretende poñer o foco na invisibilidade das mulleres que son víctimas e na onda expansiva que os malos tratos provoca e que afecta, principalmente, á descendencia da parella.

    • EXPOSICIÓNS

      Mulleres en Vanguardia no Museo Reina Sofía de Madrid

      Maruja Mayo "La verbena 1927"

      Ángeles santos "La Tertulia" 1929 Delhy Tejero "Brujas con candiles " 1932