Bloque 3. Acción e creación
Section outline
-
Bloque con contidos das ramas prácticas da filosofía: ética, política e estética.
-
Os materiais do tema están dispoñibles nos documentos de arriba. Hai varios fragmentos de películas para analizar e os documentos en PDF titulados Principais teorías éticas e Cómic sobre teorías éticas. Asimesmo achego enlaces para ampliar información.
Cada unha das teorías éticas será presentada por un membro da clase nunha exposición oral de un mínimo de 5 minutos e un máximo de 10. O profesor indicará ao inicio do tema que teoría deberá expoñer cada alumno. O listado de exposicións está no documento Distribución das exposicións orais de ética e política entre o alumnado (Actualizada. Hai modificacións). As dúas primeiras exposicións serán o luns 13 de abril (1ºB e 1ºC) e o martes 14 de abril (1ºA).
Dita exposición será valorada con 1 punto sobre a nota da avaliación. Os materiais para preparar a exposición son: o apartado correspondente dos documentos Principais teorías éticas e o ENLACE DE AMPLIACIÓN indicado para cada teoría. Para consultar conceptos cos que se teñas dúbidas recoméndanse os recursos do inicio da aula virtual: o diccionario Webdianoia e a enciclopedia Herder.
Cada alumno debe elaborar un guión da súa exposición que enviará ao profesor (ferprada@edu.xunta.gal) co titulo "GUION_TEORIA_1BacX" (indicando o apartado traballado e grupo de que se trate). O guión será proxectado na pantalla durante a exposición. O alumno/a poderá empregar unha copia impresa do mesmo namentres expón o tema. Ao remate da exposición deberá concluir resumindo as ideas principais.
A rúbrica empregada para a corrección por parte do profesor está dispoñible no documento "Rúbricas de corrección" ao inicio da Aula virtual (trátase da rúbrica EXPOSICIÓN), e tamén ao inicio do tema.
A distribución das exposicións segue a orde de lista do alunado, tal como figura no documento ao inicio do tema.
ACTIVIDADES
- Mira os fragmentos da película Gracias por fumar “Presentación” e “Clase”. Escribe os argumentos que Nick Naylor emprega para defender o uso do tabaco. Escribe a túa resposta razoada a esta pregunta: ¿Parécenche bos argumentos?
- Explica a estratexia que Nick Naylor describe no diálogo co seu fillo no fragmento “Como vencer nun debate”. Dá a túa opinión razoada.
- Pon un exemplo de acto moral e distingue as súas cinco fases.
- Explica cun exemplo o que significa "acatar libre e conscientemente as normas morais".
- Desenvolve un exemplo de conflicto de conciencia por ter que escoller entre normas incompatibles.
- Fai un cadro onde contrapoñas as características das normas morais e das normas xurídicas. Pon un exemplo de cada unha.
- O exemplo de norma moral que escolliches na actividade anterior, ¿en que se fundamenta? ¿Cumpre as características que indicaches no cadro? Razoa a resposta.
-
Ademáis de normas morais e xurídicas hai normas técnicas ou instrumentais (p.ex. lavar por separado as prendas brancas e de cor) e normas sociais ou de cortesía (p.ex. dicir "por favor" e "gracias" cando se solicita algo a alguén). Engade estas dúas últimas ao cadro da actividade 6 especificando tamén as súas características.
- Despois de ler o seguinte enlace explica a diferenza entre os “feitos” e os “valores” e a diferenza entre os xuizos de feito e os xuizos de valor. A palabra “valor” ten moitos usos e sinónimos. Despois de facer as actividades interactivas sinala alomenos tres usos diferentes e tres sinónimos da palabra.
- Contrapón o absolutismo e o relativismo moral e explica o seu conflicto cun exemplo.
- Analiza con atención o fragmento da película El método sobre “A expulsión de Julio”. Resume os argumentos de Julio, Nieves e Carlos do modo máis detallado posible. Debes empregar na túa argumentación os termos "axente", “responsabilidade”, "normas", “valores”, "intencións", "fins", "resultados", "consecuencias".
- Fai un esquema da teoría ética dos sofistas (relativismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: caracterización dos sofistas e Protágoras de Abdera.
- Fai un esquema da teoría ética de Sócrates (intelectualismo socrático). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Vida e método de Sócrates.
- Le o cómic sobre teorías éticas pp. 135-144; ENLACE DE AMPLIACIÓN: Dilema de Eutifrón.
- Fai un esquema da teoría ética de Platón (intelectualismo platónico). Explica a alegoría do carro alado e engade a virtude propia de cada parte da alma . ENLACE DE AMPLIACIÓN: Video sobre mito do carro alado.
- Fai un esquema da teoría ética de Aristóteles (eudemonismo). Elabora unha táboa onde distingas as virtudes mencionadas na fotocopia e no texto da p. 73 cos seus vicios por defecto e por exceso. ENLACE DE AMPLIACIÓN: A teoría ética aristotélica.
- Fai un esquema da teoría ética dos estoicos (estoicismo). Busca información sobre a vida e morte de Sócrates e de Séneca. ¿Poderíamos afirmar que morreron estoicamente? Razoa a resposta. ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do estoicismo.
- Fai un esquema da teoría ética dos epicúreos (hedonismo epicúreo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do epicureismo.
- Fai un esquema da teoría ética de S. Tomé de Aquino (iusnaturalismo ético). Resume o texto 13 (p. 80) seguindo a súa estructura de modo que expliques coas túas palabras cada párrafo. ENLACE DE AMPLIACIÓN: Lei natural.
- Fai un esquema da teoría ética de Hume (emotivismo. HAI ALGUNHAS ERRATAS NO TEXTO). Pon exemplos do que di o autor inventados por ti. ENLACE DE AMPLIACIÓN: explica a diferenza entre o emotivismo relativista actual e o emotivismo universalista de Hume.
- Fai un esquema da teoría ética de Kant (formalismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Explica a fórmula do imperativo categórico empregando dous exemplos.
- Fai un esquema da teoría ética de Stuart Mill (utilitarismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización do utilitarismo.
- Describe detalladamente a escena do cómic sobre teorías éticas pp. 145-157 na que Stuart Mill lanza o flotador ao fillo do tendeiro que está afogando. ¿Trátase dun exemplo de formalismo kantiano ou de utilitarismo? Razoa a resposta.
- Fai un esquema da teoría ética de Nietzsche (vitalismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización da moral de señores/escravos.
- Regresa ao Tema 3. Metafísica, apartados "O determinismo" e "A liberdade" (pp. 220-223). Fai un resumo do apartado, de modo que expliques a importancia do determinismo para a ética, e desenvolvas a diferenza entre liberdade de/liberdade para.
- Fai un esquema da teoría ética de Sartre (existencialismo). ENLACE DE AMPLIACIÓN: Caracterización da ética de Sartre.
- Mira os fragmentos da película "Eduardo Manostijeras" dispoñibles arriba. Describe pormenorizadamente a escena da discusión na cea. Os argumentos presentados, ¿gardan relación con algunha/s da/s teoría/s éticas presentadas no tema? Indica cal/es e razoa a túa resposta.
- A páxina de Moral Machine elaborada polo MIT (Massachusetts Institute of Technology) presenta dilemas moi interesantes enfocados á toma de decisión de coches autónomos. Preme ne "Comenzar a juzgar" e escolle unha alternativa das dúas que se che presentan cada vez. Ao remate anota na túa libreta a túa puntuación en cada un dos apartados. Se queres podes deseñar novas posibilidades e compartilas cos outros usuarios.
-
Descarga e imprime o documento. Debes telo sempre contigo nas clases para estudiar e facer as actividades.
-
Os materiais do tema están dispoñibles nos documentos de arriba. Hai varios fragmentos de películas para analizar e o documento en PDF titulado Filosofía política. Asimesmo achego enlaces para ampliar información.
Cada unha das teorías políticas será presentada por un membro da clase nunha exposición oral de un mínimo de 5 minutos e un máximo de 10. O profesor indicará ao inicio do tema que teoría deberá expoñer cada alumno. Dita exposición será valorada con 1 punto sobre a nota da avaliación. Os materiais para preparar a exposición son: o apartado correspondente dos documentos Filosofía política e o ENLACE DE AMPLIACIÓN indicado para cada teoría. Para consultar conceptos cos que se teñas dúbidas recoméndanse os recursos do inicio da aula virtual: o diccionario Webdianoia e a enciclopedia Herder.
Cada alumno debe elaborar un guión da súa exposición que enviará ao profesor (ferprada@edu.xunta.gal) co titulo "GUION_TEORIA_1BacX" (indicando o apartado traballado e grupo de que se trate). O guión será proxectado na pantalla durante a exposición. O alumno/a poderá empregar unha copia impresa do mesmo namentres expón o tema. Ao remate da exposición deberá concluir resumindo as ideas principais.
A rúbrica empregada para a corrección por parte do profesor está dispoñible no documento "Rúbricas de corrección" ao inicio da Aula virtual (trátase da rúbrica EXPOSICIÓN), e tamén ao inicio do tema.
A distribución das exposicións segue a orde de lista do alunado, tal como figura no documento ao inicio do tema (Actualizada. Hai modificacións).
ACTIVIDADES
- Fai un esquema dos apartados "Formas de organización social" e "Orixe e características do Estado moderno". ENLACE DE AMPLIACIÓN: explica o concepto de "monopolio da violencia lexítima" como característica do Estado moderno.
- Fai un esquema do apartado "A xustiza" (pp. 274-275). ¿Corresponde a distribución das partes da polis coa distribución das partes da alma en Platón? Razoa a resposta. ENLACE DE AMPLIACIÓN: explica a xerarquía de rexímenes de goberno que distingue Platón na República.
- Fai un esquema do apartado "O ben común". Copia e enche os ócos do texto no que Aristóteles explica por que o home é un "zôon politikon". ¿Correspóndese coa teoría do apartado? ENLACE DE AMPLIACIÓN: ¿coincide a clasificación de rexímenes de goberno de Aristóteles coa que fai Platón no Político?
- Fai un esquema do apartado "Maquiavelo: ciencia política e Estado nacional". Identifica as cualidades do príncipe no capítulo XVIII de El Príncipe.
- Fai un esquema do apartado "Hobbes: lo civil y el Estado". Resposta as tres preguntas do texto do final do apartado. Despois enche os ócos deste texto e compárao coas túas respostas.
- Fai un esquema do apartado "Locke: o Estado liberal". Resposta as dúas preguntas do texto do final do apartado. Despois enche os ócos deste texto e compárao coas túas respostas.
- Fai un esquema do apartado "Rousseau: a vontade xeral". Resposta a pregunta do texto da marxe.
- Fai un esquema do apartado "As correntes igualitarias" (ata o socialismo utópico). ENLACES DE AMPLIACIÓN: o pensamento do tecnócrata Saint-Simon; o pensamento do utópico Fourier.
- Fai un esquema do apartado "As correntes igualitarias. O comunismo; o anarquismo". ENLACES DE AMPLIACIÓN: o pensamento do mutualista Proudhon; o pensamento marxista (céntrate no apartado 3: crítica da economía política burguesa).
- Fai un esquema do apartado "A democracia: desenvolvemento histórico e fundamentación filosófica".
- Resume as características do totalitarismo (os dous primeiros apartados); distíngueo do autoritarismo.
- Fai un esquema do apartado "A loita pola igualdade e o movemento feminista (A, B, C, D,E).
- Fai un esquema do apartado "A loita pola igualdade e o movemento feminista (F, G, H, I).
- Explica o conflicto de intereses económicos presentes no fragmento da película Las uvas de la ira dispoñible arriba.
- Explica as formas de lexitimación da autoridade según o sociólogo Max Weber. Completa a información coa táboa e explica un exemplo histórico de cada tipo.
- Describe pormenorizadamente o que sucede nas escenas de Los dientes del diablo dispoñibles arriba.
- Redacta un ensaio onde analices o conflicto entre Inuk e o policía empregando a teoría das tres formas de lexitimación da autoridade de M. Weber.
- Fai a modo de complemento as actividades sobre democracia e estado de dereito presentes no enlace.
- Fai un resumo das ideas desenvolvidas nas teselas do filósofo Gustavo Bueno tituladas “Qué es la democracia” e “Democracia procedimental”.
- A modo de repaso resposta o test de filosofía política.
- Recapitulación sobre ideoloxías políticas: explica a clasificación do espectro político; explica para elo os conceptos de dereita política e esquerda política. Outras clasificacións interesantes que podes consultar voluntariamente son o gráfico de Nolan e o gráfico de Pournelle.