“EFFECTIVE CLASSROOM MANAGEMENT STRATEGIES FOR TEACHERS AND EDUCATION STAFF”
Résumé de section
-
Abordáronse os principios básicos da xestión da aula e analizáronse diferentes estratexias para crear contornos de aprendizaxe positivos, inclusivos e motivadores. Traballouse a importancia da aprendizaxe socioemocional e do desenvolvemento dun clima de confianza e respecto na aula.
-
A sesión centrouse na aprendizaxe cooperativa, o traballo en equipo e a creación de dinámicas que favorecen a participación do alumnado. Realizáronse actividades prácticas destinadas a mellorar a cohesión do grupo, a creatividade e a colaboración entre iguais.
-
-
Exploráronse metodoloxías centradas no estudante e técnicas para fomentar unha participación máis activa no proceso de aprendizaxe. Tamén se abordou a atención á diversidade mediante a adaptación das actividades ás necesidades e capacidades do alumnado.
-
-
Presentouse a metodoloxía da Aula Invertida (Flipped Classroom) como unha estratexia para aumentar a autonomía e a implicación do alumnado. Ademais, analizáronse diferentes tipos de avaliación (diagnóstica, formativa e sumativa) e ferramentas prácticas para realizar un seguimento continuo da aprendizaxe. Traballouse especialmente co uso dos Entry & Exit Tickets como instrumentos de reflexión e avaliación rápida, así como con aplicacións dixitais como Ziplet e Socrative, que permiten recoller evidencias da aprendizaxe, obter retroalimentación inmediata e aumentar a participación do alumnado.
-
Nesta sesión abordáronse dúas temáticas : a resolución de conflitos e o desenvolvemento dunha mentalidade de crecemento (Growth Mindset).