Section outline
-
PAU PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE 2026
AQUÍ TEDES TODA A INFORMACIÓN NECESARIA SOBRE AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE PAU 2026
-
O ACCESO Á UNIVERSIDADE
O proceso de pre-inscripción nas 3 universidades galegas, faise a través da aplicación NERTA https://www.edu.xunta.gal/nerta/
Este proceso é compatible coa solicitude de praza noutras universidades fóra de Galicia. Si este é o caso, aconsellamos entrar na páxina web da Universidade pola que estemos interesados/as e buscar a información relativa ao proceso de admisión e matrícula.
A pre-inscrición realizase en NERTA para todas as universidades de Galicia ( Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de A Coruña).
- Podes solicitar ata un máximo de 5 titulacións diferentes, ou 10 se son repetidas en diferentes campus universitarios.
- Finalizada a preinscrición publicaranse un total de 8 listaxes de admitidos/as para a convocatoria ordinaria e 5 listaxes de admitidos/as para a convocatoria extraordinaria.- Despois de cada listaxe de admitidos/as disporase de dous días para realizar a matrícula na titulación na que se é convocado/a.OLLO!!!, ISTO É IMPORTANTE:- Se estamos admitidos/as nunha titulación de menor preferencia e algunha das titulacións de maior preferencia non pechou aínda matrícula, tense que confirmar en Nerta que se desexa seguir nesa listaxe de espera (na lapela inferior de cor laranxa que pon "confirmar listas de espera"); nese caso non se deberá formalizar a matrícula.-Se todas as titulacións de maior preferencia aparecen pechadas e sen lista de espera, é obrigatorio formalizar matrícula na titulación convocada.Hai que estar moi atentos aos chamamentos por vacantes. Son prazas que quedan liberadas por algún alumno/a que se matricula nunha universidade fóra de Galicia.Estar moi pendentes ao correo electrónico. Aconsellamos consultalo diariamente, xa que avisan persoalmente a través deste medio.Unha vez admitidos, hai un prazo de 2 días para realizar a matrícula, de xeito online, na web de cada universidade.Recoméndase a lectura de "dúbidas frecuentes" en: https://ciug.gal/gal/faq-accesoPara máis información en: https://ciug.gal/gal/admision-sugConsulta o seguinte video explicativo
-
FP FORMACIÓN PROFESIONAL
Queres estudar un Ciclo de formación profesional?
- Titulando en 4º de ESO, podes plantexarte:
- Acceder a un Ciclo de FP de grao Medio. Co titulo de FP Medio poderás acceder logo a un Ciclo FP Superior (20% das prazas, con preferencia dende os ciclos da mesma familia profesional).
2. Titulando en bacharelato, podes:
- Acceder a un Ciclo de FP de grao Superior (70% das prazas). Se estiveras neste segundo caso, terás que terás que ter en conta que, para os Ciclos Superiores, existe preferencia no acceso según a modalidade que fagas en Bacharelato: consulta a vinculación que ten determinada modalidade de Bacharelato cos ciclos superiores.
É importante que teñas en conta as modalidades de bacharelato que te darán preferencia en cada ciclo.
Tes a información neste enlace: - MODALIDADES DE BACHARELATO PREFERENTES PARA O ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR
Consulta toda a información sobre a FP en Galicia (movéndote polas lapelas superiores e o menú da esquerda) no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp
Se queres consultar a OFERTA de FP, podes atopala directamente nos seguintes ENLACES:
- OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE FP RÉXIME ORDINARIO, CLASIFICADA POR FAMILIAS PROFESIONAIS
- OFERTA DE CICLOS FORMATICOS DE FP RÉXIME ORDINARIO, CLASIFICADA POR PROVINCIA E CONCELLO
PROBAS DE ACCESO AOS GRAOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP
CALENDARIO

ADMISIÓN Á FP PARA O CURSO 2026-2027
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2026-2027

instrucións para realizar a solicitude de praza na aplicación informática
1º Paso. Solicitude
Prazo de presentación: do 15 de xuño ás 9:00 horas ata o 30 de xuño ás 13:00 horas.
Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos de titulación ou proba de acceso. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou entregar, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
- Instrucións solicitude (Ver vídeo).
- Información para persoas con titulacións obtidas fóra do estado español.
2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes.
3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional.
No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional, a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos.
4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes.
5º paso: Consultar a adxudicación de prazas.
No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria ou en cursos de especialización.
INSTRUCIÓNS XERAIS DE ADMISIÓN
No seguinte enlace podes acceder ás instrución sobre o proceso de admisión na oferta ordinaria -
BACHARELATO: que debo saber?
MODALIDADES BACHARELATO LOMLOE
Como se organiza o Bacharelato, que modalidades hai?
Son 2 cursos de Bacharelato, organizados seguindo 3 modalidades e unha modalidade nova, chamada modalidade xeral.


No seguinte enlace do Blog de Mónica Diz, accedes á presentación das características do bacharelato en Galicia según a nova lei LOMLOE.
https://www.slideshare.net/monicadiazbesada/o-bacharelato-2022pdf-252039828
Como se titula?
Para acadar o título de Bacharel, hai que ter superadas todas as materias (na avaliación ordinaria, ou nas probas extraordinarias en xullo).
Excepcionalmente poderase titular cunha materia avaliada negativamente se se cumpren simultaneamente os seguintes requisitos:
1. O equipo docente considera que alcanzou as competencias e os obxectivos.
2. Non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada.
3. A alumna ou o alumno presentouse ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.
4. A media aritmética das cualificacións de todas as materias da etapa é igual ou superior a 5.Pero ATENCIÓN: Si tes algunha materia avaliada negativamente na convocatoria ordinaria de xuño, terás que examinarte na convocatoria de xullo para poder obter o título con estas condicións.
Que me permitirá o título de Bacharelato, cales son as sáidas?
Na seguinte presentación podes atopar toda a información sobre as saídas académicas de 2º de bacharelatopreme aquí para ver a presentación
Saídas 2º BacharelatoQue pasa se cambio de idea ao rematar 1º de Bacharelato, podo cambiar de modalidade?
Cambiar de modalidade é posible pero non é doado. En determinadas condicións pódese cambiar de modalidade ou de itinerario en 2° curso. Se fora o caso, xa o consultarías co DO, pero o ideal é pensalo ben agora, pois cambiar de modalidade de Bacharelato suporía cursar as materias troncais de 1° curso, ademais das de 2°.
Ao rematar 4º de ESO, é habitual non saber aínda a que te queres adicar; non te preocupes se non te decides por un Ciclo ou Grao Universitario en concreto aínda, pero intenta definir a área dos que te interesan máis (para acertar na elección de modalidade).
Cambiar na elección das materias, sen afectar á modalidade, é máis doado. Pero existen unhas materias, denominadas de continuidade (son as materias que se chaman igual nos dous cursos), que son materias de aprendizaxe progresiva. Deberás superar a materia de 1º para poder ser avaliada da materia de 2º .
En caso de non ter cursada a de 1º, poderías matricularte da materia de 2º sempre que o profesorado que a imparta considere que reúnes as condicións necesarias para aproveitar a materia de 2º, e se establecerían os requisitos para superar a materia pendente de 1º.
Estas materias son as seguintes (Anexo 3 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro de a ordenación e o currículo do bacharelato en Galicia)
Cal é a oferta de Bacharelato no IES de Soutomaior ?
ESTES DOUS DOCUMENTOS SON OS IMPRESOS DE PRE-MATRICULA PARA 1º E 2º DE BACHARELATO DO IES DE SOUTOMAIOR PARA O CURSO 2026-2027.
Impreso de pre matrícula 1º de Bacharelato curso 2026-2027
Impreso de pre matrícula de 2º de Bacharelato curso 2026-2027
SE TES ALGUNHA DÚBIDA, LEMBRA QUE PODES PASAR POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.
-
A UNIVERSIDADE
Pensando en estudar na Universidade?
Navega polas páxinas das tres Universidades Galegas para coñecer a oferta formativa.
UNIVERSIDADE DE VIGO https://www.uvigo.gal/es/ven-uvigo/futuro-alumnado-grado
-
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA https://www.usc.gal/es/futuros-estudiantes
-
UNIVERSIDADE DA CORUÑA https://www.udc.es/es/futuros_estudantes
👉SE QUERES TER MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A OFERTA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, PODES CONECTARTE AOS DIFERENTES ENCONTROS VIRTUAIS 💻👀 SEGUNDO OS TEUS INTERESES
Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 13 e 14 de abril de 2026. Os mesmos teñen como obxectivo dar resposta para que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO.
Moitas das videoconferencias terán lugar en horario de mañá e algunhas tamén de tarde para facilitar a conexión do estudantado pola tarde nas súas casas coas familias.
A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (os contidos están actualizándose).👉XORNADAS PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Na semana do 20 - 23 de abril terá lugar a Semana de Portas Abertas Virtual na Universidade de Vigo. Serán 4 días durante os que vos daremos a coñecer os graos que conforman a oferta académica da Universidade de Vigo e resolveremos dúbidas concretas que poidan xurdir durante as presentacións. Será profesorado das diferentes titulacións quen fará as exposicións e atenderá as vosas cuestións para contribuír a definir o futuro académico do alumnado segundo os seguintes itinerarios académicos:
- Luns 20: Artes e Humanidades + Educación
- Martes 21: Xurídico-Social
- Mércores 22: Ciencias e Ciencias da Saúde
- Xoves 23: Enxeñarías
Para participar nesta actividade hai que establecer a conexión premendo nas ligazóns “Campus Remoto” indicadas para cada facultade/escola no programa publicado na web no apartado de “Acceso estudantado”.
Si tes pensado acceder á universidade o curso que vén, é recomendable que consultes estes documentos:
1. É importante que consultes a Táboa de ponderacións para o curso 2026-2027
Nesta táboa poderás ver que materias de bacharelato te puntúan máis na PAU, segundo o grao universitario que queiras cursar

- 2. Ten en conta as notas de corte
- 3. Navega pola web da CIUG.
- ACCESO Á UNIVERSIDADE DENDE A FP SUPERIOR.
Tamén poderás acceder á universidade despois de cursar unha FP de grao superior. Si é así, isto é o que debes saber:
Como seguramente xa sabes, as persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.
Se esta é a túa idea, debes saber que:
1. Non existe ningunha cota reservada, das prazas que ofrece cada grao universitario, reservado ás persoas que acceden desde formación profesional. Iso quere dicir que todas as persoas compiten por igual (a non ser que formes parte das cotas reservadas para: alumnado con necesidades educativas especiais, deportista de alto rendemento, alumnado que xa ten unha carreira universitaria ou que acceda a través da proba de acceso para maiores de 25, 45 anos ou da experiencia laboral á idade de 40).
2. Como se decide o acceso entón? A través da nota de acceso, como explicamos a continuación. No mellor dos casos, a maior nota media que podes ter no teu ciclo formativo de grao superior é un 10, pero a día de hoxe atopámonos con carreiras universitarias que piden ata un 14 de nota para entrar. A maneira de conseguir sumar puntos á túa nota media do ciclo é presentándote á parte voluntaria da ABAU.A ABAU, como sabedes, é un exame das materias de bacharelato. Non teriades que ir á fase obrigatoria, pero, opcionalmente, si podes presentarte a materias da parte específica (para acceder con mais nota, e por tanto mellores opcións, á preinscrición na Universidade), polo que é necesario saber cales son as que máis me puntúan para as carreiras que te gustaría facer. Terías que consultar nas diferentes universidades de Galicia (ou na correspondente universidade) como puntúan esas materias de bacharelato, que teriades que preparar pola túa conta ou nunha academia. Son aquelas que puntúan 0,2 na táboa parámetros de poderación.
Nota de admisión
No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.
Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)
Cálculo da nota media do ciclo formativo
NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos.
A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior.Soamente en caso de empate entre dous solicitantes, teráse en conta que o título de FP esté adscrito á misma rama de coñecemento universitario á que está adscrito o grao ao que solicita acceso. Para ver a adscrición de títulos de FO de grao superior ás ramas de coñecemento universitario consulta este documento:
Adscrición dos títulos de técnico superior de Formación Profesional ás ramas de coñecemento nas que se ordenan as ensinanzas universitarias de grao.
http://www.edu.xunta.gal/fp/sites/fp/files/fp/Orientacion/anexo_ii_-_acceso_univerdidade_fp_2011.pdf
Procedemento para mellorar a nota de admisión
As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase voluntaria da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
Cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro, elixibles entre as materias de segundo curso de Bacharelato (ver táboa de ponderacións), puntuando só as 2 mellores notas.
Cada unha das materias das que se examine o alumnado con carácter voluntario para os efectos de mellorar a súa nota de admisión cualificarase de 0 a 10 puntos.
Cálculo da nota de admisión A nota de admisión para aos estudos universitarios de grao calcularase mediante a seguinte fórmula.
Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2
NMC: Nota media do ciclo formativo, calculada segundo o procedemento indicado anteriormente.
· M1 e M2: as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.
· a e b: Parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados. En xeral terán un valor de 0,10, pero as universidades poderán elevar ese valor ata 0,20 para os temarios que consideren máis idóneos para seguir con éxito as ensinanzas universitarias.
Os parámetros de ponderación podes consultalos na táboa de ponderacións que tes máis arriba para o curso 2023-2024.Inscrición no procedemento
Para presentarse e realizar a fase voluntaria da ABAU será suficiente coa inscrición, achegando unha certificación académica oficial.
A certificación terá o carácter de documentación provisional, e non poderá procederse á admisión nos estudos universitarios de grao ata a consecución e a entrega da documentación acreditativa de dispor do correspondente título. -
Para o alumnado que ten que decidir que é o que vai a escoller o curso que vén, PODEDES CONSULTAR OS IMPRESOS DE PREMATRÍCULA
-
Tes vocación artística?
ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS PARA O CURSO 2026-2027
Xa está aberto o prazo de admisión para as Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia para o curso 2026-2027 !!!!
En Galicia hai 4 EASD’s de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia na que se imparten os graos en Deseño (equiparables aos graos universitarios) e as ensinanzas artísticas profesionais (equiparables a FP):
- EASD Pablo Picasso, en A Coruña.
- EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
- EASD Ramón Falcón, en Lugo.
- EASD Antonio Failde, en Ourense.
Nos seguintes enlaces podes atopar a información relativa ás probas de acceso para o vindeiro curso 2026/27:
- Probas de acceso aos Graos de Deseño
- Probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (Ciclos)
Nos seguintes enlaces podes responder algunhas das preguntas mais frecuentes sobre este proceso de admisión, nos que tamén están dispoñibles para descargar exemplos de probas de convocatorias anteriores.
- Preguntas frecuentes sobre o acceso aos Graos de Deseño
- Preguntas frecuentes sobre o acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (Ciclos)
Para ampliar información sobre a oferta formativa da Escola Pablo Picasso na Coruña, podes consultar os plans de estudos das diferentes especialidades que se imparten no centro:
- Grao en Deseño Gráfico
- Grao en Deseño de Interiores
- Ciclo Superior de Dourado, prateado e policromía
- Ciclo Superior de Escultura aplicada ao espectáculo
- Ciclo Superior de Fotografía
- Ciclo Superior de Ilustración
- Taller modular de Cerámica
- Taller modular de Madeira.
Para resolver calquera dúbida ou aclaración, podedes contactar a través deste correo ou do teléfono 981 225 396 .
Antía Salgado MesaVicedirectora EASD Pablo Picasso - www.eapicasso.com -
Actualización das publicacións anuais do primer trimestre do ano 2026 do Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Empleo Estatal (SEPE):
- Seis Informes ESTATAIS do mercado de traballo e por COLECTIVOS de interese para o emprego. Podes descargar o Informe completo, así como un ficheiro Excel con datos do Informe, un resumo executivo e unha presentación:
- Mercado de traballo ESTATAL
O sector servizos é o principal motor de emprego para os menores de 30 anos, especialmente en comercio, hostelería, sanidade e educación
O emprego feminino ten cifras históricas en poboación activa, poboación ocupada, paro rexistrado e afiliación, o que se pode considerar un balance positivo para as mulleres
O seu emprego destaca principalmente en Servizos a edificios e actividades de xardinería, en Actividades de servizos sociais sen aloxamento e Actividades administrativas de oficina e outras actividades auxiliares ás empresas .
O perfil predominante entre as persoas afiliadas e contratadas é o de un varón extracomunitario, con edades entre 25 e 44 anos e vinculado principalmente ao sector servizos.
Nas ocupacións de Persoal de limpeza de oficinas, hoteis e outros establecimentos similares, Peóns agrícolas (excepto en hortas, invernadoiros, viveiros e xardíns) e Camareros asalariados é onde se registran máis contratos.
Informes PROVINCIAIS, por colectivos e municipais. O Informe provincial xeral dispón dun ficheiro Excel dos seus datos, así como un resumo executivo e unha presentación:
Informes do mercado de traballo provincial e municipal
Estes Informes permiten coñecer os indicadores de contratación, afiliación e paro rexistrado de cada unha das provincias españolas e os seus concellos, así como as ocupacións e actividades económicas máis relevantes.
Cada provincia ten tres informes:
-
Informe Xeral
-
Informe MUNICIPAL
-
Informe de COLECTIVOS de interese para o emprego:
- Persoas xóvenes
- Mulleres
- Persoas con discapacidade
- Persoas extranxeiras
- Personas maiores de 45 anos
-
INFORME ANUAL DE TENDENCIAS DO MERCADO DE TRABALLO EN ESPAÑA
O Informe identifica e analiza as actividades económicas e ocupacións mellor posicionadas e de mellor perspectiva de creación de emprego. Trata tamén as actividades mellor posicionadas no emprego de reposición; os desaxustes entre a oferta e a demanda de emprego; así como as perspectivas e proxeccións sectoriais.
-
MOVILIDADE XEOGRÁFICA LABORAL EN ESPAÑA
Este Informe permite coñecer datos sobre a movilidade xeográfica da contratación dos traballadores no ámbito estatal, autonómico e provincial con referencia aos perfís das persoas traballadoras que se desprazan.
En 2025, a movilidade xeográfica laboral aumentou moderadamente: os desprazamentos interprovinciais creceron un 4,62 % e os interautonómicos un 5,08 %.
- Actualizados os indicadores de contratación e desemprego das páxinas:
INFORMACIÓN DE TITULADOS UNIVERSITARIOS E DE FORMACIÓN PROFESIONAL
ACTIVIDADES ECONÓMICAS E OCUPACIÓNS CON TENDENCIA POSITIVA NA CONTRATACIÓN



