Section outline

  • FP      FORMACIÓN PROFESIONAL

     

    Queres estudar un Ciclo de formación profesional?

    1. Titulando en 4º de ESO, podes plantexarte:

         - Acceder a un Ciclo de FP de grao Medio. Co titulo de FP Medio poderás acceder logo a un Ciclo FP Superior (20% das prazas, con preferencia dende os ciclos da mesma familia profesional).

           2. Titulando en bacharelato, podes:

         - Acceder a un Ciclo  de FP de grao Superior (70% das prazas). Se estiveras neste segundo caso, terás que terás que ter en conta que, para os Ciclos Superiores, existe preferencia no acceso según a modalidade que fagas en Bacharelato: consulta a vinculación que ten determinada modalidade de Bacharelato cos ciclos superiores. 

     

    É importante que teñas en conta as modalidades de bacharelato que te darán preferencia en cada ciclo.

    Tes a información neste enlace: - MODALIDADES DE BACHARELATO PREFERENTES PARA O ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR

     

    Consulta toda a información sobre a FP en Galicia (movéndote polas lapelas superiores e o menú da esquerda) no seguinte enlace: 

                 https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp

     

    Se queres consultar a OFERTA de FP, podes atopala directamente nos seguintes ENLACES:

    - OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE FP RÉXIME ORDINARIO, CLASIFICADA POR FAMILIAS PROFESIONAIS

    - OFERTA DE CICLOS FORMATICOS DE FP RÉXIME ORDINARIO, CLASIFICADA POR PROVINCIA E CONCELLO

     

    - FOLLETOS INFORMATIVOS    .


    PROBAS DE ACCESO AOS GRAOS MEDIOS E SUPERIORES DE FP

    CALENDARIO 

    ADMISIÓN Á FP PARA O CURSO 2026-2027  

    A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ 

    CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2026-2027 

    instrucións para realizar a solicitude de praza na aplicación informática

    1º Paso. Solicitude

    Prazo de presentación: do 15 de xuño ás 9:00 horas ata o 30 de xuño ás 13:00 horas.

    Realizar a solicitude no asistente informático só cando se teñan os requisitos de titulación ou proba de acceso. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou entregar, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.

    2º paso: Consultar a resolución provisional de solicitudes.

    3º paso: Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional.

    No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional, a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. Este servizo só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos.

    4º paso: Consultar a resolución definitiva de solicitudes.

    5º paso: Consultar a adxudicación de prazas.

    No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria ou en cursos de especialización.

     

     INSTRUCIÓNS XERAIS DE ADMISIÓN

    No seguinte enlace podes acceder ás instrución sobre o proceso de admisión na oferta ordinaria

    Instrucións xerais oferta ordinaria 2026-2027. VF.odt