Section outline

  • O ACCESO Á UNIVERSIDADE


    O proceso de pre-inscripción nas  3 universidades galegas, faise a través da aplicación NERTA  https://www.edu.xunta.gal/nerta/

    Este proceso é compatible coa solicitude de praza noutras universidades fóra de Galicia. Si este é o caso, aconsellamos entrar na páxina web da Universidade pola que estemos interesados/as e  buscar a información relativa ao proceso de admisión e matrícula.

    pre-inscrición realizase en NERTA para todas as universidades de Galicia ( Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de A Coruña).

    - Podes solicitar ata un máximo de 5 titulacións diferentes, ou 10 se son repetidas en diferentes campus universitarios.

    - Finalizada a preinscrición publicaranse un total de 8 listaxes de admitidos/as para a convocatoria ordinaria e 5 listaxes de admitidos/as para a convocatoria extraordinaria.

    - Despois de cada listaxe de admitidos/as disporase de dous días para realizar a matrícula na titulación na que se é convocado/a.

    OLLO!!!, ISTO É IMPORTANTE:
    - Se estamos admitidos/as nunha titulación de menor preferencia e algunha das titulacións de maior preferencia non pechou aínda matrícula, tense que confirmar en Nerta que se desexa seguir nesa listaxe de espera (na lapela inferior de cor laranxa que pon "confirmar listas de espera"); nese caso non se deberá formalizar a matrícula.
    -Se todas as titulacións de maior preferencia aparecen pechadas e sen lista de espera, é obrigatorio formalizar matrícula na titulación convocada.

    Hai que estar moi atentos aos chamamentos por vacantes. Son prazas que quedan liberadas por algún alumno/a que se matricula nunha universidade fóra de Galicia.
    Estar moi pendentes ao correo electrónico. Aconsellamos consultalo diariamente, xa que avisan persoalmente a través deste medio.

    Unha vez admitidos, hai un prazo de 2 días para realizar a matrícula, de xeito online, na web de cada universidade.

    Recoméndase a lectura de "dúbidas frecuentes" en: https://ciug.gal/gal/faq-acceso

    Para máis información en: https://ciug.gal/gal/admision-sug

    Consulta o seguinte video explicativo