Section outline

  • No seguinte enlace tedes unha guía das ensinanzas académicas de Técnicos Deportivos e Técnico Deportivos Superiores nas diferentes modalidades deportivas ofertadas pola Consellería de Educación. 


    Esta guía  pode axudar ao alumnado indeciso despois de rematar ESO ou Bacharelato, ou ben aos que non foron quen de titular na ESO ou BACH, e queiran acceder a estes estudos (poden a través dunhas probas substitutivas de requisito de titulación) que lles abriría unha xanela para avanzar na súa formación.

    Adxunto a GUÍA BÁSICA de como están estructuradas estas ensinanzas deportivas xunto cos centros educativos, tanto públicos como autorizados-privados, que as ofertan na nosa comunidade autónoma.

    A continuación tedes os enlaces á páxina web do portal educativo onde podedes atopar a información das Ensinanzas Deportivas

    - ENSINANZAS DEPORTIVAS

    - PROBAS DE ACCESO ESPECÍFICAS POR DEPORTE

    -OFERTA EDUCATIVA DE ENSINANZAS DEPORTIVAS

    -NORMATIVA DAS ENSINANZAS DEPORTIVAS

    -ORGANIZACIÓN CURRICULAR

    -GUÍA BÁSICA


    •         Dedo png imágenes | PNGWing   PREME NA IMAXE PARA CONSULTAR A GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES DE GALICIA PUBLICADA POR LA VOZ DE GALICIA.






      PRAZO DE MATRÍCULA PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS FÍSICO DEPORTIVAS PARA O ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS

      (21 DE ABRIL AO 28 DE XUÑO)




       


      ..

  • FP      FORMACIÓN PROFESIONAL

    Queres estudar un Ciclo de formación profesional?

    1. Titulando en 4º de ESO, podes plantexarte:

         - Acceder a un Ciclo de FP de grao Medio. Co titulo de FP Medio poderás acceder logo a un Ciclo FP Superior (20% das prazas, con preferencia dende os ciclos da mesma familia profesional).

           2. Titulando en bacharelato, podes:

         - Acceder a un Ciclo  de FP de grao Superior (70% das prazas). Se estiveras neste segundo caso, terás que terás que ter en conta que, para os Ciclos Superiores, existe preferencia no acceso según a modalidade que fagas en Bacharelato: consulta a vinculación que ten determinada modalidade de Bacharelato cos ciclos superiores. 


    É importante que teñas en conta as modalidades de bacharelato que te darán preferencia en cada ciclo.

    Tes a información neste enlace: - MODALIDADES DE BACHARELATO PREFERENTES PARA O ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR


    Consulta toda a información sobre a FP en Galicia (movéndote polas lapelas superiores e o menú da esquerda) no seguinte enlace: 

                 https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp


    Se queres consultar a OFERTA de FP, podes atopala directamente nos seguintes ENLACES:

    - OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE FP RÉXIME ORDINARIO, CLASIFICADA POR FAMILIAS PROFESIONAIS

    - OFERTA DE CICLOS FORMATICOS DE FP RÉXIME ORDINARIO, CLASIFICADA POR PROVINCIA E CONCELLO


    - FOLLETOS INFORMATIVOS    .


    ADMISIÓN Á FP PARA O CURSO 2025-2026  (PENDENTE DE PUBLICACIÓN)

    A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

    Nos seguintes enlaces tes instrucións e un video de axuda para realizar a solicitude de praza na aplicación informática

    Instrucións para a solicitude a través da web: https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10189

    Vídeo de axuda para a facer a solicitude de praza:


    CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2025-2026 (PENDENTE DE PUBLICACIÓN)



    INSTRUCIÓNS XERAIS DE ADMISIÓN

    No seguinte enlace podes acceder ás instrución sobre o proceso de admisión

  • Highlighted

    PAU     PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE  2025

    AQUÍ TEDES TODA A INFORMACIÓN NECESARIA SOBRE AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE  PAU 2025

  • BACHARELATO: que debo saber?


    MODALIDADES BACHARELATO LOMLOE

    Como se organiza o Bacharelato, que modalidades hai?

    Son 2 cursos de Bacharelato, organizados seguindo 3 modalidades e unha modalidade nova, chamada modalidade xeral.




    No seguinte enlace do Blog de Mónica Diz, accedes á presentación das características do bacharelato en Galicia según a nova lei LOMLOE.

    https://www.slideshare.net/monicadiazbesada/o-bacharelato-2022pdf-252039828


    Como se titula?

    Para acadar o título de Bacharel, hai que ter superadas todas as materias (na avaliación ordinaria, ou nas probas extraordinarias en xullo). 

    Excepcionalmente poderase titular cunha materia avaliada negativamente se se cumpren simultaneamente os seguintes requisitos:
    1. O equipo docente considera que alcanzou as competencias e os obxectivos.
    2. Non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada.
    3. A alumna ou o alumno presentouse ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.
    4. A media aritmética das cualificacións de todas as materias da etapa é igual ou superior a 5.

    Pero ATENCIÓN: Si tes algunha materia avaliada negativamente na convocatoria ordinaria de xuño, terás que examinarte na convocatoria de xullo para poder obter o título con estas condicións.

    Que me permitirá o título de Bacharelato, cales son as sáidas?

    Na seguinte presentación podes atopar toda a información sobre as saídas académicas de 2º de bacharelato

    preme aquí para ver a presentación  Dedo png imágenes | PNGWing Saídas 2º Bacharelato


    Que pasa se cambio de idea ao rematar 1º de Bacharelato, podo cambiar de modalidade?

    Cambiar de modalidade é posible pero non é doado. En determinadas condicións pódese cambiar de modalidade ou de itinerario en 2° curso. Se fora o caso, xa o consultarías co DO, pero o ideal é pensalo ben agora, pois cambiar de modalidade de Bacharelato suporía cursar as materias troncais de 1° curso, ademais das de 2°.

    Ao rematar 4º de ESO, é habitual non saber aínda a que te queres adicar; non te preocupes se non te decides por un Ciclo ou Grao Universitario en concreto aínda, pero intenta definir a área dos que te interesan máis (para acertar na elección de modalidade).

    Cambiar na elección das materias, sen afectar á modalidade, é máis doado. Pero existen unhas materias, denominadas de continuidade (son as materias que se chaman igual nos dous cursos), que son materias de aprendizaxe progresiva. Deberás superar a materia de 1º para poder ser avaliada da materia de 2º .

    En caso de non ter cursada a de 1º, poderías matricularte da materia de 2º sempre que o profesorado que a imparta considere que reúnes as condicións necesarias para aproveitar a materia de 2º, e se establecerían os requisitos para superar a materia pendente de 1º.
    Estas materias son as seguintes (Anexo 3 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro de a ordenación e o currículo do bacharelato en Galicia)


    Cal é a oferta de Bacharelato no IES de Soutomaior ?

    ESTES DOUS DOCUMENTOS SON OS IMPRESOS DE PRE-MATRICULA PARA 1º  E 2º DE BACHARELATO DO IES DE SOUTOMAIOR PARA O CURSO 2025-2026.

    Impreso de pre matrícula 1º de Bacharelato curso 2025-2026

    Impreso de pre matrícula de 2º de Bacharelato curso 2025-2026

    DENDE XEFATURA DE ESTUDOS E ORIENTACIÓN IREMOS PASANDO POLAS AULAS PARA ACLARAR AS DÚBIDAS QUE POIDADES TER.

  • O ACCESO Á UNIVERSIDADE


    O proceso de pre-inscripción nas  3 universidades galegas, faise a través da aplicación NERTA  https://www.edu.xunta.gal/nerta/

    Este proceso é compatible coa solicitude de praza noutras universidades fóra de Galicia. Si este é o caso, aconsellamos entrar na páxina web da Universidade pola que estemos interesados/as e  buscar a información relativa ao proceso de admisión e matrícula.

    pre-inscrición realizase en NERTA para todas as universidades de Galicia ( Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de A Coruña).

    - Podes solicitar ata un máximo de 5 titulacións diferentes, ou 10 se son repetidas en diferentes campus universitarios.

    - Finalizada a preinscrición publicaranse un total de 8 listaxes de admitidos/as para a convocatoria ordinaria e 5 listaxes de admitidos/as para a convocatoria extraordinaria.

    - Despois de cada listaxe de admitidos/as disporase de dous días para realizar a matrícula na titulación na que se é convocado/a.

    OLLO!!!, ISTO É IMPORTANTE:
    - Se estamos admitidos/as nunha titulación de menor preferencia e algunha das titulacións de maior preferencia non pechou aínda matrícula, tense que confirmar en Nerta que se desexa seguir nesa listaxe de espera (na lapela inferior de cor laranxa que pon "confirmar listas de espera"); nese caso non se deberá formalizar a matrícula.
    -Se todas as titulacións de maior preferencia aparecen pechadas e sen lista de espera, é obrigatorio formalizar matrícula na titulación convocada.

    Hai que estar moi atentos aos chamamentos por vacantes. Son prazas que quedan liberadas por algún alumno/a que se matricula nunha universidade fóra de Galicia.
    Estar moi pendentes ao correo electrónico. Aconsellamos consultalo diariamente, xa que avisan persoalmente a través deste medio.

    Unha vez admitidos, hai un prazo de 2 días para realizar a matrícula, de xeito online, na web de cada universidade.

    Recoméndase a lectura de "dúbidas frecuentes" en: https://ciug.gal/gal/faq-acceso

    Para máis información en: https://ciug.gal/gal/admision-sug

    Consulta o seguinte video explicativo  


  • A UNIVERSIDADE

    Pensando en estudar na Universidade?

    Navega polas páxinas das tres Universidades Galegas para coñecer a oferta formativa.




    Si tes pensado acceder á universidade o curso que vén, é recomendable que consultes estes documentos:

     

    1.  É importante que consultes a Táboa de ponderacións para o curso 2025-2026 










     





    As ponderacións terán algún cambio para o curso 2026-2027.  Se se queres consultalas, accede no seguinte enlace 

    Ponderacións 2026-2027


    -  2. Ten en conta as notas de corte

     

    -  3. Navega pola web da CIUG.



    • ACCESO Á UNIVERSIDADE DENDE A  FP SUPERIOR.

    Tamén poderás acceder á universidade despois de cursar unha FP de grao superior. Si é así, isto é o que debes saber:

    Como seguramente xa sabes, as persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao.
    Se esta é a túa idea, debes saber que:
    1. Non existe ningunha cota reservada, das prazas que ofrece cada grao universitario, reservado ás persoas que acceden desde formación profesional. Iso quere dicir que todas as persoas compiten por igual (a non ser que formes parte das cotas reservadas para: alumnado con necesidades educativas especiais, deportista de alto rendemento, alumnado que xa ten unha carreira universitaria ou que acceda a través da proba de acceso para maiores de 25, 45 anos ou da experiencia laboral á idade de 40).
    2. Como se decide o acceso entón? A través da nota de acceso, como explicamos a continuación. No mellor dos casos, a maior nota media que podes ter no teu ciclo formativo de grao superior é un 10, pero a día de hoxe atopámonos con carreiras universitarias que piden ata un 14 de nota para entrar. A maneira de conseguir sumar puntos á túa nota media do ciclo é presentándote á parte voluntaria da ABAU.

    A ABAU, como sabedes, é un exame das materias de bacharelato. Non teriades que ir á fase obrigatoria, pero, opcionalmente, si podes presentarte a materias da parte específica (para acceder con mais nota, e por tanto mellores opcións, á preinscrición na Universidade), polo que é necesario saber cales son as que máis me puntúan para as carreiras que te gustaría facer. Terías que consultar nas diferentes universidades de Galicia (ou na correspondente universidade) como puntúan esas materias de bacharelato, que teriades que preparar pola túa conta ou nunha academia. Son aquelas que puntúan 0,2 na táboa parámetros de poderación.

    Nota de admisión
    No caso de que o número de solicitudes de admisión a unha ensinanza conducente a un título universitario de grao sexa maior que o número de prazas dispoñibles, e para os efectos de ordenar as solicitudes para a súa adxudicación, utilizarase unha nota de admisión que coincidirá coa nota media do ciclo formativo.
    Nota de admisión = NMC (nota media do ciclo formativo)
    Cálculo da nota media do ciclo formativo
    NMC (nota media do ciclo formativo): suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e división do resultado obtido polo número total dos módulos.

    A nota media expresarase con dúas cifras decimais e arredondada á centésima máis próxima, e en caso de equidistancia, á superior.

    Soamente en caso de empate entre dous solicitantes, teráse en conta que o título de FP esté adscrito á misma rama de coñecemento universitario á que está adscrito o grao ao que solicita acceso. Para ver a adscrición de títulos de FO de grao superior ás ramas de coñecemento universitario consulta este documento:

    Adscrición dos títulos de técnico superior de Formación Profesional ás ramas de coñecemento nas que se ordenan as ensinanzas universitarias de grao.

    http://www.edu.xunta.gal/fp/sites/fp/files/fp/Orientacion/anexo_ii_-_acceso_univerdidade_fp_2011.pdf

    Procedemento para mellorar a nota de admisión
    As persoas que desexen mellorar a nota de admisión deberán realizar os exercicios da fase voluntaria da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
    Cada estudante poderá examinarse dun máximo de catro, elixibles entre as materias de segundo curso de Bacharelato (ver táboa de ponderacións), puntuando só as 2 mellores notas.
    Cada unha das materias das que se examine o alumnado con carácter voluntario para os efectos de mellorar a súa nota de admisión cualificarase de 0 a 10 puntos.
    Cálculo da nota de admisión A nota de admisión para aos estudos universitarios de grao calcularase mediante a seguinte fórmula.
    Nota de admisión = NMC + a*M1 + b*M2
    NMC: Nota media do ciclo formativo, calculada segundo o procedemento indicado anteriormente.
    · M1 e M2: as cualificacións dun máximo de dúas materias superadas da fase específica que proporcionen mellor nota de admisión.
    · a e b: Parámetros de ponderación das materias dos exercicios superados. En xeral terán un valor de 0,10, pero as universidades poderán elevar ese valor ata 0,20 para os temarios que consideren máis idóneos para seguir con éxito as ensinanzas universitarias.
    Os parámetros de ponderación podes consultalos na táboa de ponderacións que tes máis arriba para o curso 2023-2024.

    Inscrición no procedemento
    Para presentarse e realizar a fase voluntaria da ABAU será suficiente coa inscrición, achegando unha certificación académica oficial.
    A certificación terá o carácter de documentación provisional, e non poderá procederse á admisión nos estudos universitarios de grao ata a consecución e a entrega da documentación acreditativa de dispor do correspondente título.


  • Para o alumnado que ten que decidir que é o que vai a escoller o curso que vén, PODEDES CONSULTAR OS IMPRESOS DE PREMATRÍCULA

    PREMATRÍCULA DE 3º DA ESO

    PREMATRÍCULA DE 4º DA ESO

    PREMATRÍCULA DE 1º DE BACHARELATO

    PREMATRÍCULA DE 2º DE BACHARELATO

  • Tes vocación artística?


    ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS PARA O CURSO 2025-2026

    Xa está aberto o prazo de admisión para as Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia para o curso 2025-2026 !!!!

    En Galicia hai 4 EASD’s de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia na que se imparten os graos en Deseño (equiparables aos graos universitarios) e as ensinanzas artísticas profesionais (equiparables a FP):

     

    Nos seguintes enlaces pode atopar a información relativa ás probas de acceso para o vindeiro curso 2025/26:

     

    Ademais, pode ser de interese os seguintes enlaces para responder algunhas das preguntas máis frecuentes sobre este proceso de admisión, nos que tamén están dispoñibles para descargar exemplos de probas de convocatorias anteriores.


    Para ampliar información sobre a oferta formativa, podedes consultar os plans de estudos das diferentes especialidades que se imparten na EASD Pablo Picasso de A Coruña:



  • Están disponibles las publicaciones anuales 2025 del Observatorio de las Ocupaciones del Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) (con datos referidos al año 2024):

     

    Informes ESTATALES ANUALES del mercado de trabajoque disponen de un fichero Excel - ¡NUEVO! -con los datos del Informe, a modo de anexo:

    En términos de empleo, el balance de 2024 ha sido positivo, el año finalizó con un incremento en el número de afiliaciones a la Seguridad Social y de la población ocupada

    Mercado de trabajo por COLECTIVOS de interés para el empleo

     

    52 Informes PROVINCIALES, por colectivos y municipales con un fichero Excel -¡NUEVO! -con los datos del Informe, a modo de anexo:

    Informes del mercado de trabajo provincial y municipal

    Estos Informes permiten conocer los indicadores de contratación, afiliación y paro registrado de cada una de las provincias españolas y sus municipios, así como las ocupaciones y actividades económicas más relevantes.

    Al seleccionar la provincia se puede obtener los tres informes de la misma:

    • El informe GENERAL

    • El informe MUNICIPAL

    • El informe de COLECTIVOS de interés para el empleo (desde 2018):

    • Personas jóvenes

    • Mujeres

    • Personas con discapacidad

    • Personas extranjeras

    • Personas mayores de 45 años

    El  Informe anual de tendencias identifica y analiza las actividades económicas y ocupaciones mejor posicionadas y de mejor perspectiva de creación de empleo. Trata también las actividades mejores posicionadas en el empleo de reposición; los desajustes entre la oferta y la demanda de empleo; así como los pronósticos para 2025.

    Se incluye a modo de anexo los pronósticos provinciales

    Para el año 2025, se mantienen unas perspectivas positivas de generación de empleo en todos los sectores, aunque en términos más moderados que en 2024 y a pesar de que la previsión en términos de PIB es de menor crecimiento

    Este Informe permite conocer datos sobre la movilidad geográfica de la contratación de los trabajadores en el ámbito estatal, autonómico y provincial con referencia a los perfiles de las personas trabajadoras que se desplazan.

    En 2024, los contratos que implican movilidad geográfica, tanto entre provincias como entre comunidades autónomas, mostraron un aumento significativo, lo que refleja una tendencia creciente en la movilidad laboral

    En noviembre de 2024 se publica esta edición Nº12 abordando dos temáticas principales: la economía social y la intermediación laboral.  Se analiza también el fomento de la economía social desde las políticas activas de empleo y la generación del empleo y el papel de los Servicios Públicos de Empleo en la era digital.

    • Están actualizados los indicadores de contratación y desempleo referidos al año 2024 de los siguientes INFORMES DE PERIODICIDAD ANUAL Y MENSUAL:

    INFORMACIÓN POR OCUPACIÓN

    INFORMACIÓN DE TITULADOS UNIVERSITARIOS Y DE FORMACIÓN PROFESIONAL

    ACTIVIDADES ECONÓMICAS Y OCUPACIONES CON TENDENCIA POSITIVA EN LA CONTRATACIÓN

    REFERENTES DE INFORMACIÓN DEL MERCADO DE TRABAJO