Section outline

  • No día do libro traballamos o inglés coa escritora americana de orixe mexicana Sandra Cisneros. O seu libro The House on Mango Street é de lectura obligatoria nas escolas de EEUU.

    • Neste relato a protagonista de The House in the Mango Street reflexiona sobre o seu nome Esperanza, de como soa en inglés Hope, da diferenza que hai entre chamarse en español e chamarse en inglés e de moitas outras cousas.

    • Le o relato en voz alta. Practica a lectura e a pronunciación en inglés.

    • TAREFA PARA ENTREGAR

    • QUE TEÑO QUE FACER?

      Grava un documento de audio explicando brevemente o que pensas do teu nome.

      QUE PRECISO?

      Unha gravadora de voz:

      _ no teu PC, sempre que teña micrófono,

      _no teu móbil, baixa a aplicación,

      _no whatsapp, compartindo o documento de audio no teu Drive ou gmail.

      COMO O FAGO?

       1.Le o relato de Sandra Cisneros.

       2.Contesta estas preguntas e anota as respostas. Serán o guión do teu audio:

      _Do you like your name? Why yes? Why not?

      _Do you know why your parents chose your name? 

      _Who chose it?

      _Has any other member of the family got your name? Who?

      _Are you like that person or different from him/ her? Why?

      _Is there another name you like?

      _Do you prefer your name or that other name?

      Estas preguntas son orientativas. Podes falar do teu nome con calquera outra cousa que se che ocurra (deletrealo ao principio, por exemplo).

      3. Antes de gravar nada, prepara a fondo o que vas dicir. Fai probas, ensaia.

      4.Cando comeces a gravar di o teu nome, o teu curso e o título My Name.

      Duración máxima de un minuto.

      COMO ENTREGO A TAREFA?

      Preferiblemente a través da Aula Virtual. Só tes que pinchar no título da tarefa e adxuntar o documento de audio.  Xa estades matriculados.

      Ao correo maria-ingles@sanpaio.com.

    • RECURSOS

    • Neste vídeo Oliver e Alfie deciden participar nunha carreira de bicis. Atención ao uso que fan das formas verbais WILL e GOING TO. O vídeo ven acompañado dunha explicación gramatical en forma de preguntas e respostas.

    • A autora da famosa saga Harry Potter está publicando este conto por Internet en entregas semanales.  É unha ocasión que tedes de practicar a comprensión lectora. Xa saíron dúas entregas. 

      Premede no título THE ICKABORG JK ROWLING para acceder ao conto.

    • Seguimos avanzando na expresión do FUTURO. O present continuous tamén se utiliza para falar de cousas que están CONCERTADAS, que están MARCADAS NA AXENDA para os próximos días. Por exemplo, se eu teño un exame marcado para dentro de dúas semanas, direi I AM HAVING A MATHS EXAM IN TWO WEEKS ( Teño un exame de mates en dúas semanas) ou SHE IS OPENING ON MONDAY THE 25TH (Ela abrirá o luns 25). Normalmente o present continuous con significado de futuro vai acompañado dunha expresión temporal. Para más información consultade os apartados 3 e 4 da presentación genially ou premede no título BE_GOING_TO_WILL_PRESENT_CONTINUOUS .

    • ACTIVIDADES

    • Explicación completísima que fixo a profesora Ana sobre o uso do futuro en inglés. Con exercicios para descargar, solucións, vídeos e xogos. Preme a icona de audio e accede á explicación en español. Empezaremos traballando os apartados 1 e 2. 

    • Facede os exercicios 1,2,3 e,4 da páxina 58 do workbook.  Recordade: PREDICCIÓNS E DESEXOS por un lado, PLANS e INTENCIÓNS polo outro.

    • Esta vez traballamos a comprensión oral coa letra da canción Running Through Me.

    • Exercicios para practicar as formas de futuro: BE GOING TO, WILL, PRESENT CONTINUOUS.

    • SOLUCIÓNS

    • Solucións dos exercicios da páxina 58 do Workbook.

    • Solucións dos exercicios da ficha BE GOING TO, WILL e PRESENT CONTINUOUS.

    • TAREFA PARA ENTREGAR

    • Que teño que facer?

      Escribir unha carta explicando o que vou facer dentro de dous anos (IN TWO YEARS TIME).

      Que preciso?

      Utilizar as formas de futuro WILL e BE GOING TO.

      RECORDA: Diferencia ben entre PREDICCIÓNS e PLANS de FUTURO!!!

      Unha cartulina, unha foto sacada dunha revista, unha foto dixital, lapis, papel, ordenador, programa de deseño gráfico CANVA, etc.  A carta pode ser en formato analóxico ou dixital.

      Como fago?

      Repaso a teoría sobre as formas de futuro WILL e BE GOING TO. Consulto a presentación Genially  e o resumo gramatical que teño na sección Week 6.

      Fago unha tabla e nunha columna escribo o que espero que aconteza (non teño certeza, é unha predicción) e na outra o que teño intención de facer, os meus plans.

      Escribo un saúdo: Dear XXX, Hi!, etc.

      Divido o texto da miña carta en dous parágrafos:

      1- Escribo do que me parece que farei en dous anos.

      2- Escribo dos plans que teño agora para poder conseguir que as prediccións que fixen no primeiro parágrafo se fagan realidade.

      Escribo unha despedida: Take care, All the best, etc.

      Escribo un borrador na libreta e reviso ben que os tempos de futuro estean ben empregados (poden ser tamén en forma negativa ou interrogativa).

      Escribo entre 50 e 70 palabras.

      Escribo o meu nome, primerio apelido e curso.

      Preparo a versión definitiva para entregar á profesora. Dixital (documento Word/ PDF/ Canva) ou analóxico (en papel). Tanto unha versión como a outra teñen que ter a parte da imaxe e a parte do texto.

      Como envio a tarefa?

      Preferiblemente pola Aula Virtual.

      Ao correo maria-ingles@sanpaio.com

  • Destacado
    • RECURSOS

      Neste vídeo da mítica serie FRIENDS,  Joey explícalle a Phoebe o pouco que lle gusta compartir a comida. O quiz gramatical é un repaso das formas verbais present simple, present continuous, past simple e past continuous.

    • ACTIVIDADES

    • Ábrese o foro JOEY DOESN'T SHARE FOOD.

      QUE HAI QUE FACER? 

      1º-- Ver o vídeo Grammar practice with friends.

      2º-- Pensar unha resposta para esta pregunta:

        DO YOU LIKE SHARING FOOD? WHY YES? WHY NOT? ANY ANECDOTE?

      3º-- Entrar no foro premendo no título JOEY DOESN'T SHARE FOOD. Premer na lapela ENGADIR UN NOVO TEMA DE DISCUSIÓN, escribir o titulo JOEY_DOESN'T_SHARE_FOOD e a túa resposta.

      Empezo eu e seguides vós.

      Este foro permanecerá aberto ata o 19 de xuño.

    • Práctica de comprensión lectora. Facede os exercicios 1,2,3,4 e 5 da páxina 57 do workbook.

    • Práctica de expresión escrita. Facede os exercicios 1,2,3,e 4 da páxina 62.