Topic 7
Section outline
-
-
Que teño que facer?
Escribir unha carta explicando o que vou facer dentro de dous anos (IN TWO YEARS TIME).
Que preciso?
Utilizar as formas de futuro WILL e BE GOING TO.
RECORDA: Diferencia ben entre PREDICCIÓNS e PLANS de FUTURO!!!
Unha cartulina, unha foto sacada dunha revista, unha foto dixital, lapis, papel, ordenador, programa de deseño gráfico CANVA, etc. A carta pode ser en formato analóxico ou dixital.
Como fago?
Repaso a teoría sobre as formas de futuro WILL e BE GOING TO. Consulto a presentación Genially e o resumo gramatical que teño na sección Week 6.
Fago unha tabla e nunha columna escribo o que espero que aconteza (non teño certeza, é unha predicción) e na outra o que teño intención de facer, os meus plans.
Escribo un saúdo: Dear XXX, Hi!, etc.
Divido o texto da miña carta en dous parágrafos:
1- Escribo do que me parece que farei en dous anos.
2- Escribo dos plans que teño agora para poder conseguir que as prediccións que fixen no primeiro parágrafo se fagan realidade.
Escribo unha despedida: Take care, All the best, etc.
Escribo un borrador na libreta e reviso ben que os tempos de futuro estean ben empregados (poden ser tamén en forma negativa ou interrogativa).
Escribo entre 50 e 70 palabras.
Escribo o meu nome, primerio apelido e curso.
Preparo a versión definitiva para entregar á profesora. Dixital (documento Word/ PDF/ Canva) ou analóxico (en papel). Tanto unha versión como a outra teñen que ter a parte da imaxe e a parte do texto.
Como envio a tarefa?
Preferiblemente pola Aula Virtual.
Ao correo maria-ingles@sanpaio.com
