Teño varias preguntas sobre a organización do documento que non se mencionan.

¿É necesario introducir espazos entre páragrafos e liñas homoxéneos para todo o documento?.

Hai que aumentar o espazo de interliñado a 1,5 liñas e  poñer un fondo de cor marelo a todo o texto do apartado "OBXECTIVOS XERAIS", se ademais queres modificar o espazo antes ou despois de cada parágrafo a todo o documento tamén vale.

¿É necesario crear tablas para todos os cursos?.

Non, só pide unha táboa adicional a continuación da que hai, pero se queres practicar e fas unha para cada curso moito mellor.

¿É necesario introducir numeración dos títulos e subtítulos no índice?.

Hai que aplicar estilos a todos os títulos e subtítulos do documento e logo xerar o índice, no titorial podes ver un exemplo do que se pide.

¿A orientación final do documento debe ser a horizontal?.

Si

¿Qué facemos ca imaxe?, ¿introducímola no documento ou mandamos o documento novo do que se fala nas actividades?.

A imaxe nun documento e a programación noutro.

Penso que seguindo as actividades non tería que facer nada disto, pero prefiero concretalo antes de mandar o traballo.

Espero que con isto quede aclarado, pero se non é así, prégoche que volvas a preguntar.

Un saúdo, e grazas a ti por participar.
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM