2.4. Formatos de parágrafo. Columnas. Formato de páxina. Orientación e bordos
Completion requirements
2.4. Definir o aspecto das nosas páxinas
2.4.1. O formato dos parágrafos
Como xa decíamos podemos acceder tamén a todas as opcións de formatado do parágrafo dunha segunda forma: a través do menú "Formato" opción "Parágrafo".
2.4.2. Organizando o texto en columnas
Hai un aspecto importante que afecta tamén á disposición dos parágrafos, que é poñer o documento en varias columnas (como nun xornal). Así, Writer permite que dispoñamos dúas columnas ou máis por páxina, para colocar o contido do noso documento, o texto e as imaxes, de forma que quede perfectamente organizado.
Así, se queremos converter un documento con unha soa columna (o normal) a varias, temos que ir ó menú "Formato" na barra superior, e escoller "Columnas". Abrirase a seguinte ventá:

Agora escolleremos o número de columnas (2 como no exemplo) e se queremos, modificaremos algún aspecto especial como pode ser o espazamento entre as columnas ou se queremos algunha liña que as separe. Tamén podemos necesitar que unha columna sexa máis ancha que a outra, e podemos definirlo modificando as medidas estándares en "Largura".
2.4.1. O formato dos parágrafos
Ademáis de configurar o tamaño e tipo de letra que queremos empregar nos nosos documentos, tamén é moi interesante definir o aspecto que queremos que teñan os parágrafos, fundamentalmente o espazado entre liñas, o fluxo do texto (se queremos que o texto estea xustificado, ou aliñado á esquerda, centrado, etc.).
Para acceder ás opcións de formatado de parágrafos podemos facer de dúas maneiras (como tantas veces!): a máis doada é poñer o cursor no parágrafo que nos interesa modificar (ou seleccionar todo o texto primeiro) e premer no botón dereito do rato. O menú contextual amosa algo como esto:
Escollendo a opción "Parágrafo" temos a nosa disposición todas as posibles modificacións que afectan ós parágrafos do noso documento:
- sangrías e espazamento (espazos entre liñas, entre outros)
- aliñamento do texto (esquerda, dereita, centro ou xustificado)
- bordos (se queremos que o parágrafo teña unha liña ó redor, ou efecto sombra)
- fondos (para poñer unha cor de fondo ó parágrafo)
- fluxo de texto
- numeración
- maiúsculas capitulares (para comezar o parágrafo coa primeira letra máis grande que o resto)
- ...
2.4.2. Organizando o texto en columnas
Hai un aspecto importante que afecta tamén á disposición dos parágrafos, que é poñer o documento en varias columnas (como nun xornal). Así, Writer permite que dispoñamos dúas columnas ou máis por páxina, para colocar o contido do noso documento, o texto e as imaxes, de forma que quede perfectamente organizado.
Así, se queremos converter un documento con unha soa columna (o normal) a varias, temos que ir ó menú "Formato" na barra superior, e escoller "Columnas". Abrirase a seguinte ventá:

Agora escolleremos o número de columnas (2 como no exemplo) e se queremos, modificaremos algún aspecto especial como pode ser o espazamento entre as columnas ou se queremos algunha liña que as separe. Tamén podemos necesitar que unha columna sexa máis ancha que a outra, e podemos definirlo modificando as medidas estándares en "Largura".
Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM