Aclaracións do traballo
Requisitos de finalización
Teño varias preguntas sobre a organización do documento que non se mencionan.
¿É necesario introducir espazos entre páragrafos e liñas homoxéneos para todo o documento?.
Hai que aumentar o espazo de interliñado a 1,5 liñas e poñer un fondo de cor marelo a todo o texto do apartado "OBXECTIVOS XERAIS", se ademais queres modificar o espazo antes ou despois de cada parágrafo a todo o documento tamén vale.
¿É necesario crear tablas para todos os cursos?.
Non, só pide unha táboa adicional a continuación da que hai, pero se queres practicar e fas unha para cada curso moito mellor.
¿É necesario introducir numeración dos títulos e subtítulos no índice?.
Hai que aplicar estilos a todos os títulos e subtítulos do documento e logo xerar o índice, no titorial podes ver un exemplo do que se pide.
¿A orientación final do documento debe ser a horizontal?.
Si
¿Qué facemos ca imaxe?, ¿introducímola no documento ou mandamos o documento novo do que se fala nas actividades?.
A imaxe nun documento e a programación noutro.
Penso que seguindo as actividades non tería que facer nada disto, pero prefiero concretalo antes de mandar o traballo.
Espero que con isto quede aclarado, pero se non é así, prégoche que volvas a preguntar.
Un saúdo, e grazas a ti por participar.
Última modificación: jueves, 14 de julio de 2016, 12:42