2.6. Xeración de índices de contidos

A meirande parte dos procesadores de textos, como é o caso do Writer, dispoñen dunha funcionalidade que é moi útil á hora de traballar con documentos de grandes dimensións ou tamaño. Referímonos á creación de índices de xeito automático, isto é, que poidamos crear ínidces nos que aparezan reflexados todos os apartados e subapartados do documento co que estamos a traballar.

Para poder facer isto, primeiro temos que ter definidos con anterioridade os estilos (tal e como vimos con anterioridade).

Normalmente ós apartados principais (do tipo 1.-, 2.- , 3.-, etc.) asígnaselles o estilo "Título 1", ós subapartados (do tipo 1.1.-, 1.2.-, 1.3.-, etc.) asígnaselles o estilo "Título 2", etc. e así sucesivamente. Nin que dicir ten que os estilos dos títulos (1,2,3, etc.) podemos modificalos acorde ás nosas necesidades e preferencias (cor, tipo de letra, etc).

Unha vez que temos definidos os títulos establecidos dos principais apartados, subapartados e rematemos de redactar o documento, xa por último, inserimos o índice.

Para iso, en primeiro lugar, situámonos ó comezo do documento, onde queremos que se insira o índice. Seguidamente escollemos as opcións "Inserir / Índice e tábos / "Índice e táboas".

�ndice

A continuación aparecerá un cadro de diálogo no que escollemos a opción "Aceptar".

Seguidamente apareceranos no documento o índice do mesmo.

Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM