2.8.2. Imprimir
Requisitos do completado
2.7.2. Imprimir
Para imprimir un documento realizado en Writer, podemos facelo de varias formas:
- Podemos premer directamente na icona imprimir da barra estándar cando non queremos cambiar ningunha característica de impresión, polo que se imprimirán todas as páxinas do documento, coas opcións definidas. Antes de mandar a imprimir o documento, é convinte comprobar as opcións definidas. Para iso temos que seleccionar as opcións "Ficheiro /Imprimir" ou CTRL + P.

- Na sección Impresora, en Nome podemos escoller a impresora pola que queiramos que saia a impresión. Esta opción emprégase cando temos máis dunha impresora conectada ó ordenador. Premendo no botón Propiedades podemos cambiar algúns parámetros como o tipo de papel, a orientación, impresión en cor ou branco/negro, etc...
- Na sección Intervalo de impresión podemos indicar as páxinas que queremos imprimir. Só hai que premer na opción desexada: Todo. Imprime todo o documento; Páxinas: Permite indicar que páxinas queremos imprimir. Se queremos páxinas salteadas, hai que escribir os números de páxina separados por comas, por exemplo: 2,8,10. Imprimiría as páxinas 2, 8 e 10. Para indicar un intervalo, escribimos a páxina inicial e a páxina final separadas por un guión, por exemplo: 4-7 imprimiría as páxinas 4,5,6 e 7. Tamén se pode indicar un intervalo sen páxina inicial para indicar 'ata', por exemplo: -3 imprimiría as páxinas 1,2 e 3 (ata a páxina 3); ou ben sen páxina final para indicar 'desde', por exemplo 12- imprimiría as páxinas desde a páxina 12 ata a última ambas inclusive. Tamén podemos combinar calquera das formas anteriores, por exemplo:2,3,10- imprimiría as páxinas 2,3,10,11...ata a última.
- Na sección Copias indícase o número de copias que queremos. Facendo click en "Opcións", ábrese outra ventá na que podemos seleccionar varias opcións, entre outras a de "Invertido", cando temos esta opción activada, empézase a imprimir a última folla deixando desta maneira as páxinas ordenadas.
Última modificación: xoves, 14 de xullo de 2016, 12:42 PM