2.8. Opcións de impresión. Previsualización
Completion requirements
2.7. Configurar a páxina
Antes de imprimir unha páxina en OpenOffice Writer, temos que configurala, posto que cando escribimos nun procesador de textos hai unha área na que podemos escribir e unhas marxes que non podemos sobrepasar.
Para configurar a páxina escollemos as opcións Formato / Páxina.

Aparece un cadro de diálogo como este con oito pestanas. Se prememos na pestana páxina podemos:
- Desde a sección Marxes, fixamos as marxes tecleando os cm. desexados en cada campo.
- Na sección Formato do papel podemos escoller entre un dos distintos formatos dispoñibles para a nosa páxina (A4, A5, etc). En Ancho aparece o ancho normal segundo o formato de papel pero podemos indicar un ancho persoalizado. En altura aparécenos a altura normal segundo o formato de papel pero podemos indicar tamén unha altura persoalizada. En orientación indicamos se a páxina ten orientación vertical (a máis usual) ou horizontal.
- Na sección Marxes especificamos o tamaño de cada unha das marxes, a saber: na marxe esquerda, introduciremos a distancia entre o bordo esquerdo da páxina e o principio das liñas do documento; na marxe dereita, indicaremos a distancia entre o bordo dereito da páxina e o final das liñas do documento. Na marxe superior indicamos a distancia entre o bordo superior da páxina e a primera liña do documento. No bordo inferiror, indicamos a distancia entre a última líña do documento e o bordo inferior da páxina.
- Na sección Configuración de deseño tamén podemos escoller diferentes opcións. No deseño de páxina, podemos aplicar a mesma configuración a todas as páxinas. A opción "Reflectido" é a utilizada para documentos encuadernados ó estilo libro. Só á dereita aplica a configuración só a páxinas impares e só á esquerda, aplica a configuración só ás páxinas pares. Na opción Formato, podemos seleccionar o deseño da numeración das páxinas, (1,2,3.. ; a,b,c.. ; i, ii, iii...; etc).
Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM