Glosario

.
.
Introduce todos os termos que consideres que necesitan ser definidos ou sobre os que poidas achegar algunha luz:
blogs, wikis, redes sociais, marcadores, videoblogs, fotoblogs...
A profesora propón algúns conceptos como accesibilidade, agregador de novas, buscadores, follas de cálculo, palabra clave, RSS, software libre, web 2.0,phishing
BEEEEEP:::::Poñede o nome dos conceptos a definir comezando con maiúscula::::::::
Actualmente ordenados Por fecha de actualización (ascendente) Buscar cronológicamente: Por fecha de actualización | Por fecha de creación
| SM | redes soicais | |||
|---|---|---|---|---|
Unha rede social son páxinas nas que podes ingresar dando de alta unha conta, a partir dese momento o que che permiten e comunicarche coas persoas que ti elixes como amigos, subir fotos, crear perfiles... Moitas redes sociais comezaron sendo pechadas como é o caso do facebook que nos seus comezos estaba soamente permitida a entrada aos universitarios, pero posteriormente ampliouse para Estudiantes de secundaria e de seguido para todos os usuarios con aceso a internet. As redes sociais a gran vantaxe que teñen é que podes intercambiar todo tipo de informacións e contidos. | ||||
| MG | Mush-Up | |||
|---|---|---|---|---|
Mash-Up é unha aplicación Web híbrida, na cal os datos e a información que hai nela proceden de distintas fontes, formando unha nova e integrada unidade. Exemplo de Web mush-up: http://www.seriesyonkis.com sería unha Web mush-up, posto que contén enlaces a outras páxinas. Este termo tamén se emplea para referirse a: -Vídeo Mash-Up: É un vídeo no cal o audio e o vídeo se fusionan e se mesturan creando unha nova unión. Exemplo de vídeo mush-up: http://www.youtube.com/watch?v=8YFxgEp2O6c -Mash-Up musical: A música Mash-Up fórmase a partir de fragmentos de otras canciones que se superponen, creando unha nova canción. Exemplo de canción mush-up: http://www.youtube.com/watch?v=dhkXsvbTzrs (só o audio) | ||||
| AC | iTunes | |||
|---|---|---|---|---|
iTunes é un programa creado por Apple co fin de reproducir, organizar, sincronizar iPods e iPhones e comprar música ( dende o iTunes music store). | ||||
| MA | Disco duro | |||
|---|---|---|---|---|
Un disco duro ou disco rixido (en inglés hard disk drive) é un dispositivo de almacenamento non volátil, que conserva a información ainda coa pérdida da enerxía, que emprega un sistema de grabación magnetica dixital; É onde na maioría dos casos se atopa almacenado o sistema operativo do ordenador. Dentro da carcasa hai unha serie de platos metálicos apilados xirando a gran velocidade. Sobre os platos sitúanse os cabezais encargados de leer ou escribir os impulsos magnéticos. Hai distintos estándares para comunicar un disco duro co ordenador; as interfaces máis comuns son integrated drive electronics (IDE, tamén chamado ATA), SCSI xeneralmente usado en servidores, SATA, este último estandarizado no ano 2004 e exclusivo para servidores. Tal e como sae da fábrica, o disco duro non pode ser utilizado por un sistema operativo. Antes se deben definir nel un formato de baixo nivel, unha ou máis particions e logo temos que darlles un formato que poida ser entendido polo noso sistema. Tamén existe outro tipo de discos denominados de estado sólido que utilizan certo tipo de memorias construidas con semiconductores para almacenar a información. O uso desta clase de discos xeneralmente limitabase aos superordenadores, polo seu elevado prezo, ainda que hoxe en día xa se pode atopar no mercado unidades moito máis económicas de baixa capacidade para o uso en ordenadores persoais (sobre todo portátiles). Así, o caché de pista é unha memoria de estado sólido, tipo memoria RAM, dentro dun disco duro de estado sólido. Elaborado a partir do artigo de Wikipedia | ||||
| V2 | ||||
Google é a marca pertencente á empresa Google Inc., cuxo principal pro- ducto é o motor de búsqueda do mesmo nombre. Google é o motor de búsqueda en Internet máis grande e máis usado. Ofrece unha forma rápida e sencilla de atopar información na web. A súa maior habilidade é analizar os "back links" que basicamente son enlaces que apuntan a unha determinada páxina, de aí que sexa tan fácil buscar en Google | ||||
| MJ | ||||
Facebook:é unha rede social de internet que fundou o 4 de febreiro de 2004 Mark Zuckerberg mentres estudaba en Harvard. Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade, progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades da Ivy League. Máis adiante a rede ampliouse a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse. Hoxendía conta con 120 millóns de usuarios activos que se poden organizar en grupos e unirse a redes concretas, relacionándose segundo a súa situación xeográfica ou académica.
A principios de 2008 lanzou unha versión en francés, alemán e español para impulsar a súa expansión fóra dos Estados Unidos, porque os seus usuarios están concentrados nos E.U., Canadá e Gran Bretaña. O seu nome provén do costume que existe en moitas universidades norteamericanas de darlle aos alumnos á súa chegada un libro con fotografías dos alumnos e profesores desa universidade e que recibe o nome en inglés de Facebook, literalmente libro de caras. Existen versións do sitio en diversas linguas e aínda que hai un grupo de usuarios interesados en traducir o sitio ao galego polo de agora non o está, porén si está na opción de idiomas. Ligazón: http://www.facebook.es/ | ||||
| R2 | Fotoblog | |||
|---|---|---|---|---|
O fotoblog é unha variante do blog, que consiste básicamente nunha galería de imaxes fotográficas publicadas por unha ou máis persoas. O texto é tanto ou máis importante que a foto,xeralmente o texto describe o contido da foto. Moitas veces se aceptan comentarios, e estos habitualmente se refiren á fotografía ou a outros comentarios. Existen sitios adicados a esta actividade como Flickr o Blogspot pero o habitual é que este tipo de fotoblogs estén nun sitio no que o dono é unha única persona. | ||||
| MJ | ||||
Twitter: é unha rede socialde balde que ofrece un servizo de microbloggin, e permite publicar ó usuario actualizacións persoais, así como ler as de outros usuarios. Estas actualizacións, coñecidas tamén como tweets, poden acadar de máximo os 140 caracteres. Os usuarios do servizo poden seguir as anotacións doutros facéndose os seus seguidores (followers), así como ser seguidos polos demais. Twitter creouse no ano 2006, en San francisco, California, e na actualidade conta con personalidades como Barack Obama, Paulo Coelho, e unha ampla variedade de políticos, artistas, deportistas, etc. Ademais tamén están presentes os principais medios de comunicación mundiais. Durante algún tempo, o actor británico Stephen Fry foi o usuario máis seguido en Twitter, tal e como informou o xornal The Times ,aínda que o primeiro en chegar ó millón de seguidores foi o actor estadounidense Asthon Kutcher, seguido de preto pola CNN. Twitter é, ademais, empregado como medio divulgativo: ademais dos medios de comunicación, institucións e entidades educativas, tamén se realizan outras accións divulgativas como son, por exemplo, a conta de usuario de George Owell (que emprega como base para as actualizacións o seu diario), a publicación en tweets da novela Rayuela de Julio Cortazar ou a retransmisión minuto a minuto da revolución dos carabeis de 1974.
Ligazóns:http//www.twitter.com/ | ||||
| MJ | DVD(Digital Versatile Disc). | |||
|---|---|---|---|---|
Un DVD (Digital Versatile Disc, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e audio. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto, etc… A capacidade dun DVD é de 4.7 Gb de datos, mentres que un CD almacena de media 700 Mb. Os chamados DVDs de Dupla Camada poden almacenar o dobre da capacidade dun DVD comun, ou sexa, 9.4 Gb. Apesar da capacidade nominal do dvd comun gravábel, é posíble só gravar 4,464 Gb de informacións, e co tamaño máximo de cada arquivo de 1 Gb. Hay diferentes tipos de DVD: Segundo o seu contido: DVD-Video: Películas (vídeo e audio). DVD-Audio: Audio de alta fidelidade. DVD-Data: Datos. Segundo a capacidade de regrabado: DVD-ROM: Só lectura, manufacturado con prensa. DVD-R: Gravable unha soa vez. DVD-RW: Regravable. DVD-RAM: Regravable de acceso aleatorio. Leva a cabo unha comprobación da integridade dos datos sempre activa tras completar a escritura. DVD+R: Gravable unha soa vez. DVD+RW: Regrabable. DVD-R DL: Gravable unha soa vez de dobre capa. DVD+R DL: Gravable unha soa vez de dobre capa. DVD-RW DL: Regravable de dobre capa. DVD+RW DL: Regravable de dobre capa. Segundo o seu número de capas ou carasDVD-5: unha cara, capa simple. 4.7 GB ou 4.38 gibibytes (GiB) - Discos DVD±R/RW. DVD-9: unha cara, capa dobre. 8.5 GB o 7.92 GiB - Discos DVD±R DL. DVD-10: dúas caras, capa simple en ambas. 9.4 GB ou 8.75 GiB - Discos DVD±R/RW. DVD-14: dúas caras, capa dobre nunha, capa simple noutra. 13'3 GB ou 12'3 GiB - Raramente empregado. DVD-18: dúas caras, capa dobre en ambas. 17.1 GB ou 15.9 GiB - Discos DVD+R. | ||||
| MJ | Blu-ray Disc | |||
|---|---|---|---|---|
Blu-ray (tamén coñecido por BD ou Blu-ray Disc) é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos. Compite por converterse no sucesor do DVD. O seu rival é o HD-DVD. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser ("blue ray" en inglés significa "raio azul"). La letra "e" da palabra orixinal "blue" foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar como un nombre comercial unha palabra común. O Blu-ray é elaborado pola Blu-ray Disc Association ou BDA (Asociación de Discos Blu-Ray), presidida polas seguintes empresas (por orde alfabética): 20th Century Fox, Apple Computer Inc., Buena Vista Home Entertainment, Dell Inc., Hewlett-Packard Company, Hitachi LTD., LG Electronics Inc., Matsushita Electric Industrial Co. Ltd. (Panasonic), Mitsubishi Electric Corporation, Pioneer Corporation, Royal Philips Electronics, Samsung Electronics Co. Ltd., Sharp Corporation, Sony Corporation, TDK Corporatión, Thomson e Warner Home Video. Unha capa de disco Blu-ray pode conter ó redor de 25 GB ou cerca de 6 horas de video de alta definición, máis audio, e o disco de dobre capa pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/s. O BD-RE (formato reescribible) estándar xa está dispoñible, así como os formatos BD-R (grabable) e o BD-ROM, como parte da versión 2.0 das especificacións do Blu-ray. O 19 de maio de 2005, TDK anunciou un prototipo de disco Blu-ray de catro capas de 100 GB. Outros discos Blu-ray con capacidades de 200 GB (oito capas) están tamén en desarrollo. Outra característica importante dos discos Blu-ray é a súa resistencia ás raiaduras e á suciedade debido a súa morfoloxía. Os discos teñen unha capa de sustrato, baixo o nombre comercial de Durabis, de 1,1 mm por unha cara e 1 mm pola outra, para permitir a creación de máis capas de datos e o uso dunha soa cara. Inicialmente, pensouse en crealos como cartuchos, semellantes a disquetes de ordenador, pero descartouse a idea cando TDK descubriu un sustrato que permitía evita-las raias así como facilita-la lectura con elas (aínda que agora serían moitísimo menos frecuentes) ou con suciedade. Isto provéeos dunha característica novedosa que ha ser moi agradecida polos usuarios, fartos en moitos casos de CDs e DVDs raiados, e supón unha avantaxe adicional fronte ó formato competidor HD-DVD. Os discos BD veñen en diferentes formatos: BD-ROM: Un disco que é de só lectura. BD-R: Disco grabable. BD-RE: Disco regrabable. Unha curiosidade do Blu-ray Disc é que esta basado nun sustrato de papel, é moito máis coidadoso co medio ambiente e máis seguro á hora de destruílo que os discos tradicionais. Esta capa superficial á que se adhiren os materiais normalmente está feita de policarbonato plástico, que é o que estes discos reemplazan por papel. O resultado é un disco no que o papel representa el 52% do seu peso total, segundo afirma Sony. | ||||