iTunes é un programa creado por Apple co fin de reproducir, organizar, sincronizar iPods e iPhones e comprar música ( dende o iTunes musicstore).
É o reprodutor máis usado polos usuarios de reprodutores iPod.
Os usuarios de iTunes teñen a posibilidade de organizar a súa música en listas de reprodución, editar a información dos arquivos, gravar CD, converter arquivos a diferentes formatos, comprar música por Internet a través da tenda iTunes Store e activar un visualizador que presenta a música en forma gráfica. Outra das novidades de iTunes son as 'listas de reprodución intelixente', que automaticamente detectan cancións segundo un criterio de busca elixido polo usuario.