MJ

Blu-ray Disc

de Miguel Jimeno Iglesias 1BACA - domingo, 4 de octubre de 2009, 12:15
 

Blu-ray (tamén coñecido por BD ou Blu-ray Disc) é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos. Compite por converterse no sucesor do DVD. O seu rival é o HD-DVD. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser ("blue ray" en inglés significa "raio azul"). La letra "e" da palabra orixinal "blue" foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar como un nombre comercial unha palabra común.

O Blu-ray é elaborado pola Blu-ray Disc Association ou BDA (Asociación de Discos Blu-Ray), presidida polas seguintes empresas (por orde alfabética): 20th Century Fox, Apple Computer Inc., Buena Vista Home Entertainment, Dell Inc., Hewlett-Packard Company, Hitachi LTD., LG Electronics Inc., Matsushita Electric Industrial Co. Ltd. (Panasonic), Mitsubishi Electric Corporation, Pioneer Corporation, Royal Philips Electronics, Samsung Electronics Co. Ltd., Sharp Corporation, Sony Corporation, TDK Corporatión, Thomson e Warner Home Video.

Unha capa de disco Blu-ray pode conter ó redor de 25 GB ou cerca de 6 horas de video de alta definición, máis audio, e o disco de dobre capa pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/s. O BD-RE (formato reescribible) estándar xa está dispoñible, así como os formatos BD-R (grabable) e o BD-ROM, como parte da versión 2.0 das especificacións do Blu-ray. O 19 de maio de 2005, TDK anunciou un prototipo de disco Blu-ray de catro capas de 100 GB. Outros discos Blu-ray con capacidades de 200 GB (oito capas) están tamén en desarrollo.

Outra característica importante dos discos Blu-ray é a súa resistencia ás raiaduras e á suciedade debido a súa morfoloxía. Os discos teñen unha capa de sustrato, baixo o nombre comercial de Durabis, de 1,1 mm por unha cara e 1 mm pola outra, para permitir a creación de máis capas de datos e o uso dunha soa cara. Inicialmente, pensouse en crealos como cartuchos, semellantes a disquetes de ordenador, pero descartouse a idea cando TDK descubriu un sustrato que permitía evita-las raias así como facilita-la lectura con elas (aínda que agora serían moitísimo menos frecuentes) ou con suciedade. Isto provéeos dunha característica novedosa que ha ser moi agradecida polos usuarios, fartos en moitos casos de CDs e DVDs raiados, e supón unha avantaxe adicional fronte ó formato competidor HD-DVD.

Os discos BD veñen en diferentes formatos:

BD-ROM: Un disco que é de só lectura.

BD-R: Disco grabable.

BD-RE: Disco regrabable.

Unha curiosidade do Blu-ray Disc é que esta basado nun sustrato de papel, é moito máis coidadoso co medio ambiente e máis seguro á hora de destruílo que os discos tradicionais. Esta capa superficial á que se adhiren os materiais normalmente está feita de policarbonato plástico, que é o que estes discos reemplazan por papel. O resultado é un disco no que o papel representa el 52% do seu peso total, segundo afirma Sony.

» Glosario