Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2

A morte e a sociedade:

1.       En xeral , todas as axudas son poucas e o que habería que intentar é subsanar os problemas de unha maneira razoable e sempre intentando comprender que é lei de vida e que sen dúbida hai que seguir adiante e aínda que saibas que esa persoa xa non está aquí para apoiarte pois que se pódese estar aquí seguramente te apoiaría. O que é o mellor e prepararse para a morte dun ser querido, aínda que cando chegue o momento sufriras, existen terapias que te axudan a superar o momento e que non dependas de ningún tipo de medicamento que, nestes últimos anos e o que se lle receita a moita xente que ten depresións.

O que boto de menos é que existan grupos de axuda para que a xente poida levar a morte como algo natural, que aínda que é unha tristeza, pois que non se tome como unha catástrofe, é que poidamos vivir sempre pensando en que esa persoa foi feliz ata que lle chegou o momento.

2.        Os rituais son algo, que para a xente maior é algo normal, pero para nos este tipo de rituais fannos pensar que a Igrexa católica, no noso caso, e outras relixións  teñen moito poder. Pero quizais non é así e realmente este tipo de rituais están feitos para facer un homenaxe o morto, aínda que el non se decate, xa que a súa vida aquí xa rematou e a xente que queda e a que vai sufrir por iso.

Para algunha xente este tipo de rituais son necesarios,pois son unha especie de feitos que hai que pasar para aceptar o momento que estas a vivir. Creo que o mellor nestes  casos e simplemente facer un velatorio o que solo puidese acudir a familia e que fose moi reservado e os días prescindibles, pois os velatorios  nos países nórdicos son de moito máis tempo que en España. Non me gustan o tipo de rituais ,como ir ao cemiterio unha vez o ano, pois na miña opinión o único que fas e remexer na túa memoria eses feitos acontecidos cando a persoa morreu.

Creo que a intimidade e un punto forte nos primeiros momentos da morte, pois primeiro hai que asimilalo e despois, cando xa o tes asumido o mellor e compartir os teus sentimentos cos demais e non acumulalos no teu pensamento e que ninguén o saiba, e ti te este facendo o forte para que pensen que realmente o aceptaches, e o verdadeiro motivo e que non es capaz de demostrar os teus sentimentos. Pola outra banda non estou de acordo con que xente que e allea a túa familia veña a chorar a persoa que faleceu.

3.       Realmente aspectos positivos sobre os rituais en Galicia non encontro demasiados. Do pouco que coñezo disto o único que vexo son aspectos algo negativos, pois o loto ou que cando se morría alguén nun pobo pequeno, fose todo o pobo o funeral a chorarlle o morto, e isto na miña opinión é un pouco irrespetuoso por parte do pobo, pois a familia non está a pasar un bo momento.

No punto de vista do loto, parece algo un pouco antigo, xa que cando se morría alguén todas as mulleres da casa tiñan que vestirse de negro e ir así durante unha tempada , dependendo do grao de parentesco que tiveses ca persoa que morreu, ademais despois de ir vestida de loto tíñaste que vestir de alivio, que e de gris,e levalo tamén unha tempada, e despois xa podías quitalo. Para min esta costume xa esta algo pasada de moda, no sentido en que iso realmente non expresa o moito que querías a persoa e o moito que a vas a botar de menos.

Para cambiar todo estes rituais os procesos son moi lentos e dificiles de cambiar e non me metería a cambiar este tipo de rituais, isto vai cambiando a medida que a sociedade cambie pouco a pouco.

                                                                

Re: A morte e a sociedade por Usuario eliminado -
Re: A morte e a sociedade por Usuario eliminado -