Foro MEDITA

A morte e o poder

A morte e o poder

by Deleted user -
Number of replies: 3

A morte e o poder

A túa postura está ben amparada pola lexislación actual?

Hai na actualidade posicións opostas a túa? Teñen poder os que pensan diferente a ti?

Condicionan dalgún xeito a túa perspectiva referente á morte?

 

 

Pola miña parte, o que sen dúbida sería o mellor é doar os meus órganos para que calquera poda vivir grazas a miña morte. Ademais, como hai partes do meu corpo que non podo doar xa que teñen diferentes problemas, pois as doaría á ciencia para que así puidesen investigar diferentes solucións.

 

Supoño que a miña postura está amparada pola lexislación actual, xa que a doazón de órganos non é ilegal.

 

Pola outra banda, non o sei seguro pero creo que a miña postura non está demasiado compartida coa xente, e que moita xente prefire facer outro tipo de despedidas aos seus achegados, que doar os seus órganos.

 

Hoxe en día, xa estamos afeitos a doazón de órganos pero a inmensa maioría da sociedade non o acepta realmente e din que a doazón de órganos é algo moi estraño, xa que alguén ten que morrer para que ti poidas vivir, e que ademais ten que sei moi raro vivir con outro órgano que non é teu.

 

Estas posturas non me condicionan ningún tipo de perspectiva cara a morte, xa que cando chegue chegou e punto. Respecto a miña morte non teño ningún medo, no caso de que morrese a causa de unha enfermidade que xa non ten remedio prefiro que non me traten e morrer cando o meu corpo o decida. Dende logo e sen dúbida se a enfermidade que tivese se puidese curar pois moito mellor, non me quero morrer sen intentar vivir un pouquiño mais, sería renderse , e eu nunca me rindo. Isto todo sempre e cando as miñas condicións de vida fosen ao menos aceptábeis e non me gustaría ser a carga de ninguén nos meus últimos días.

Re: A morte e o poder by Deleted user -
Re: A morte e o poder by Deleted user -
Re: A morte e o poder by Deleted user -