Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Respecto a túa opinión que coincide en parte coa de outr@s compañeir@s pero non a comparto.

Creo que simplificades enormemente e eu non son quen de axudarvos a ver no fondo, por exemplo, dos costumes tradicionais. Quede dito que non estou defendendo que un home ou unha muller teña que vestir de negro cando lle morre alguén. Pero o loito é moito máis. O de vestir é case o anecdótico aínda que sexa desagradable, en todo caso, insisto en que é un recurso da sociedade para indicar que esa persoa necesita axuda e non algo para mostrar canto lle quería o/a doente ao finado/a. Iso, buscar elementos de axuda comunitaria non me parece mal nesta sociedade do illamento, aínda que teñamos que inventar formas novas. Nese mesmo sentido hai que entender o acceso dos veciños a casa do finado/a, o que hoxe probablemente non sexa solución axeitada dada a configuración dos fogares sobre todo urbanos, pero o espíritu de unión que está por detrás é meritorio (tamén debo dicir que as visitas a casa do doente non eran sen máis desinteresadas e  as veces obedecían a intereses pouco confesables, cotilleo, facerse ver...).

Que recursos temos hoxe en día, nós urbanitas, ademais de ir ó psicólogo? Con sorte teremos un/ha amig@ que nos ature, pero vaille dicir ao teu xefe/a que non rendes no traballo porque un ano despois estás elaborando o dó. A morte non é excusa para a baixa produtividade, só entra no mercado para facer negocio.

Re: A morte e a sociedade por Usuario eliminado -