Xa dende antes de que se formase a filosofia en si o tema máis importante na vida era este, a morte. Practicamente todos os filósofos teñen algún escrito acerca deste descoñecido aspecto. A súa interpretación da morte está condicionada á época na que vivíu, á cultura reinante, á posición do filósofo... Por iso é moi curioso pararse a ler o que pensaban, que é o reflexo da súa situación,pero tamén de todos eles pódese obter unha idea que nos axude a formar o noso propio pensamento de pequenos filósofos. Por exemplo, na idade media cando a igrexa mantiña á poboación sumisa, temos a autores como Agostiño de Hipona que mantiñan que quitar a vida é un pecado;no aspecto do suicidio a miña opinión é diferente, pois cada un é libre de querer a propia morte, pero tal vez en moitos paises onte está vixente a pena demorte deberían plantexarse se non son eles tan asesinos como o acusado. Do aspesto do suicidio hume fai unha análise bastante coherente, pregúntase que, se ao suicidarnos estamos alterando a vontade de Deus, non estaríamos tamén a desobedecerlle se nos librásemos da morte por apartarnos dun coche que ven cara nós, se nos medicaran no caso de enfermidade...? Este pensamento ten dúas interpretacións: os que creen que ,como a maioria de nós, ningunha das dous ten sentido (nin non poder morrer por deus nin ter que morrer por el); e os que, como os testigos de geoba, non permiten transfusións de sangue nin certos medicamentos.
Porén, é no mundo clásico onde temos máis variedade: Platón e a súa teoría da reencarnación da alma; de séneca, quen nos convida a cavilar sobre a morte, para meditar así da liberdade; pero tal vez o que máis me chame a atención sexa Epicuro, que nun texto de comentar do libro de texto, expón que:
La muerte es una quimera: porque mientras yo existo, no existe la muerte; y cuando existe la muerte, ya no existo yo.
Deste modo convida á xente a non preocuparse pola morte, xa que nós non imos “pasar por ela” xa que non a poderemos sentir por non existir xa. O que non menciona é a preocupación pola morte allea, morte que nós viviremos por seguir existindo.
Sen embargo, este añadido que lle fixen á teoría epicúrea deducida de todos os nosos comentarios e palabras, sería rechazado por Niezche, xa que para el as persoas que non contribuan coa sociedade, debido a unha enfermidade, e sexan unha carga deberían morrer. Que contradicción no? Agora intentamos por todos os medios alargar a vida, e estamos a alcanzar a maiores cifras da historia de persoas maiores ou dependentes: a Niezche daríalle un ataque se o vise! E isto o facemos porque, a pesar de ser a vida esencialmente dor como diría Schopenhauer, é o único que temos.