Foro MEDITA

A morte e o pensamento

Re: A morte e o pensamento

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 2

Certamente as teorías dos pensadores dependen da súa época, das circunstancias sociopolíticas, dos coñecementos ... Pero o inverso tamén é verdade, as concepcións filosóficas están na base de doutrinas relixiosas, das lexilascións, dos conceptos e valores que unha sociedade asume como seus e mesmo converte en símbolos.

Non esquezades que a doutrina cristiá non é simplemente un conxunto de libros aceptados polos crentes como palabra revelada pola divinidade (libros a maioría procedentes do xudaismo ). Esta doutrina se erixe sobre un campo abonado polos pensadores gregos, Platón e Aristóteles fundamentalmente, por outras cosmovisións como o maniqueismo, etc... e todo iso é reelaborado por outros pensadores coñecidos como os Pais da Igrexa, a Patrística, que van dando entidade e unidade  a ese conglomerado durante os primeiros séculos da era cristiá. Papas e teólogos van achegando a súa impronta.

Podemos facer un percorrido similar con outros filósofos.  Nietzsche é reacción fronte ao cristianismo, a súa posición vén influída polos filósofos presocráticos gregos coma Heráclito, que tiña unha noción da vida, do mundo en xeral, como un eterno fluír, nada é estático, todo cambia, nada permanece, hai un continuo nacer e morrer, ciclos que se suceden uns aos outros. Heráclito considera que o mundo está rexido pola tensión entre opostos, día - noite, saúde - enfermidade, guerra - paz, vida- morte, ....
Esta maneira de ver as cousas é moi diferente a aquela que entende a vida como un tránsito para o verdairamente definitivo nun máis alá. Nietzsche considera que a relixión nos  impide vivir a vida plenamente porque todo o somete a ese máis alá, por iso reacciona fronte ao que foron tradicionalmente valores cristiáns: a resignación, o arrepentimento, o perdón...

Non quero facer disto un discurso filosófico, pero entendedes que os pensamentos que sustentan as ideoloxias condicionan a forma de vivir e por tanto tamén a de morrer.

Que concepcións pululan na cultura occidental na que nos tocou vivir? Temos que "des-cubrilas" se queremos sometelas a análise.

LEMBRADE QUE OS DOCUMENTOS FINAIS DAS TAREFAS TEÑEN QUE SER ENVIADOS A TRAVÉS DO BUZÓN EXISTENTE EN CADA TAREFA, O FORO É SÓ PARA DISCUSIÓN PREVIA.

Re: A morte e o pensamento de Usuario eliminado -
Re: A morte e o pensamento de Usuario eliminado -