Independentemente de que poñas en práctica as diferentes estratexias que seguramente xa che teñen indicado para mellorar a túa situación hai unha idea que a min me gusta e que che propoño tanto a ti como aos teus compañeiros. Precisamente a idea foi tomada de dúas novelas que abordan estes temas, unha delas é Esto no es justo da que che falou Charo e que eu tamén te animo a que leas, sempre a podes deixar se non che resulta gratificante a súa lectura.
A idea en cuestión consiste en pensar seriamente que é o que de verdade queres realizar na vida, pero na vida inmediata, por exemplo nun prazo de meses. Cousas que queres facer, metas moi concretas, como facer unha viaxe duns días con amigos, en fin, non quero pór eu os exemplos, só para que te deas conta de que non se trata de obxectivos imposibles ou abstractos. Entón fas unha lista con, poñamos por caso, 10 obxectivos que levar a cabo e a partir de aí tes que intentar cumprilos con todas as túas forzas. Conforme consegues algún deles o vas tachando da lista.
Sabes, é una maneira de ser dono da túa vida, de tomar o control.
Se queres podes comentar a lista cos compañeiros no foro, pero é moi posible que prefiras reservala totalmente en privado, é unha opción persoal e ti decides con quen a compartes. Nós imos poñer un buzón no curso Imaxina por se alguén opta por manter unha comunicación máis confidencial. O que mandedes por ese buzón só o recibimos a profesora Charo e máis eu, e evidentemente vos aseguramos a máxima discreción.
Debemos avisarvos que non pretendemos actuar como terapeutas para resolver problemáticas concretas, non somos as persoas indicadas para iso, nese caso é mellor acudir a especialistas. Sen embargo si podemos orientarvos sobre lecturas, comentarvos o que pensan @s expert@s, e sobre todo o que si podemos e queremos facer é escoitarvos, ofrecervos a posibilidade de que verbalicedes as vosas sensacións. Sabemos que isto non é máis cunha pequena axuda para que vós mesmos constrúades a traxectoria pola que queredes seguir.