Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL

Re: FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2
Como xa dixen noutro tema anterior a miña casilla conterá a Novena Sinfonía de Ludwig van Beethoven.

Respecto a sinfonía; é unha das obras máis trascendentais, importantes e popular de toda a música clásica e ademais de toda a historia da música e do arte. O seu último movemento é un final coral sorprendentemente inusual na súa época convertido no símbolo da alegría e a liberdade. Precisamente, unha execución da sinfonía realizada popr Herbert von Karajan é, desde 1972 o himno da Unión Europea.

A letra do movemento (que a todos os soará) é unha adaptación non literal de Beethoven sobre a "Oda á Alegría" de Friederich Schiller. Unha obra que o meu parecer transmite un sentimento de unidade , hermandade, un sentimento igualatorio entre todas as persoas moi forte, capaz de unir pobos e calmar os conflictos existentes.

Mais aínda que a obra é escepcional, tamén a escollo coma representación de toda a música clásica ou música culta, pois para min a música clásica é un arte imperdurabél. O meu parecer; coma nas belas artes , a música clásica aspira a comunicar unha calidade trascendental da emoción, que expresa algo "universal" acerca da condición humana. Si bien a expresión emocional non é unha propiedade exclusiva da música clásica, esta honda exploración na emoción permite que a mellor música clásica alcance o que foi denominado "sublime" no arte. Coma é o exemplo da musicalización do poema da Oda á Alegría de Schiller na novena sinfonía, que adoita interpretarse en actos de celebracións ou naquela famosa ocasión na que a dirixíu Leonard Bernstein para marcar o colapso do Muro de Berlín ou a tradición xaponesa de tocala para celebrar o Ano Novo.

En definitiva, creo que non fan falla moitos argumentos (polo menos para min) para saber que tódalas obras clásicas son arte e sobretodo a Novena Sinfonía de Beethoven, que cada a vez que a oio cálmame, alégrame, e faime sentir acompañado no mundo.

Deíxovos este enlace http://www.youtube.com/watch?v=tpGSzH0Wlls . Se algún tivo clase co profesor Olbés en terceiro recordará este fragmento da película da vida de Beethoven. Poño este fragmento poque foi o mellor que resume a novena sonfonía (para que non vos aburrades) que atopei en youtube, pois hai moitos videos increíbles da obra dirixidos por Bernstein pero duran demasiado.

Por certo que no fragmento desta película hai bastantes erros históricos, a moza que se esconde entre os músicos era a súa copista, mais por moi xordo que Beethoven estivese ninguén o axudou a dirixir a obra, subiu o escenario de costas e non se deu a volta nin aún finalizado, a súa xordeira total impídelle escoitar o que creara, cando a sinfonía conclúe o teatro rompe en aplausos e unha solista alza o brazo do maestro e o xira para que vexa entre bágoas , como todo o público posto en pe homenaxea enardecido o que é un triunfo musical.
Re: FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL por Usuario eliminado -
Re: FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL por Usuario eliminado -