Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL

Re: FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Na miña casilla quero introducir o mundo da tatuaxe. Os que máis me impresionan son os retratos, pero quero mostrar ademais outros exemplos desta arte.

O máis impactante para min (pensando no físico) é o sombreado xa que se conseguen verdadeiras maravillas. Nas fotos que agrego pódese ver como as sombras xogan un papel fundamental. Nalgúns casos dan profundidade, noutros movemento, e noutros simplemente axudan a que a tatuaxe adquira a máis pura semellanza coa realidade.

En canto aos sentimentos penso que as tatuaxes son unha das artes que mellor permite expresalos, xa que unha persoa con tatuaxes é coma un libro no que para saber que sinte, que lle gusta ou a quen admira basta con observalo. Para moitos unha das metas na vida é rematar a súa propia historia (coa pel como soporte), tarefa que lles ocupa moitos anos da súa existencia, pero que lles compensa porque rematan facendo do seu corpo unha obra de arte permanente.

Pero tamén hai extremos, e algunha xente usa as tatuaxes para convertirse en seres realmente espeluznantes. No caso dunha das miña fotos, a persoa deixa de ter aspecto de home para pasar a telo de réptil, incluíndo a bifurcación da lingua. Cousas desagradábeis, polo menos para o meu gusto, pero representacións ao fin e ao cabo da arte.

Anexo retrato_tatuaje.jpg
Re: FINAL DA ACTIVIDADE E SESIÓN PRESENCIAL por Usuario eliminado -