Se vos dixera que o arte, ao fin e ao cabo é unha linguaxe coa que as persoas intentan comunicarse de forma universal que diriades? Eu penso que moitos artistas, por non dicir unha gran maioría, utilizaron os cadros, esculturas, etc, para reflexar as súas emocións e o estado do mundo no que estaban ou están vivindo. O que digo non é xeral, xa que hai artistas actuais que fan cadros de paisaxes ou de calquera cousa que non teñen que ver co actual ou con nada concreto que percibamos a simple vista.
En resumo, desde o meu punto do vista o arte é unha linguaxe que podemos falar a maioría das personas facendo algo que nos gusta e que á vez transmita algo ás persoas.