Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

A arte é esencial? Quen está tras ela? Toda a cantidade de diñeiro que se inverte merece a pena?

Re: A arte é esencial? Quen está tras ela? Toda a cantidade de diñeiro que se inverte merece a pena?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

 

Con respecto ao comentario da mestra Marián, o enlace proposto, parece moi interesante. O porqué foi ignorada esta modalidade de arte supoño que, desde a posición etnocentrista, os pertencentes a esa cultura o verían coma dalgún xeito obrigación das mulleres, coma o texto di unha mostra artesanal. Tras convencerse desde sempre que a muller é pouco máis ca un obxecto, como van admitir que unha produción feita por elas é arte? As sociedades, neste aspecto máis evolucionadas, desde fóra, somos capaces de apreciala e valorala como tal, mais non sempre isto é así xa que volvemos, dalgún xeito ao factor condicionante que todo o move, OS CARTOS, xa que os seres humanos movémonos sempre para conseguir un fin e, isto é o que acontece coa arte e os cartos, Por que molestarnos en atribuír a algo o título de arte se non podemos facer comercio con el? É evidente que non todos pensamos así, mais queramos ou non isto é un factor clave na arte. Se tomamos coma arte o concepto de Kant , a arte é un termo que abarca infinidade de cousas, tanto de balde, coma efémeras, coma de centos de millóns, mais non todas sabemos aprecialas, xa que vémonos influidos polo que a sociedade marque, os convencionalismos.

Isto vese verificado, por exemplo, co caso de Van Gogh ( xa comentado noutro tema), que foi un dos mellores pintores de finales do século XIX e tan só conseguiu vender 2 cadros durante toda a súa vida, porén ao cabo duns anos foi o pintor máis cotizado da historia, chegandose a vender un dos seus cadros por 82 millóns de dólares. Con isto se demostra ao que a mestra Marián fai referencia <<O mercado da arte ten moito que ver co tipo de sociedade e modelo económico en que estamos inmersos>>. De seguro que, se unha persoa con certo prestixio social, contemporánea a Van Gogh comprara un dos seus cadros o máis probable é que vendera máis de dous.

Por iso, coma o texto di, temos que pensar en como atribuimos as diferentes manifestación creativas a etiqueta de arte, e non só deixarnos levar polos convencionalismos, polas obras máis cotizadas, etc, temos que tentar ter un criterio propio, xa que temos obras de arte o alcance das nosas mans que moitos non son capaces de apreciar.