Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

A arte é esencial? Quen está tras ela? Toda a cantidade de diñeiro que se inverte merece a pena?

Re: A arte é esencial? Quen está tras ela? Toda a cantidade de diñeiro que se inverte merece a pena?

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0
O certo que a arte esta plenamente condicionada por uns cánones ou uns determindados modelos regulados pola sociedad e polo periodo que nos toca vivir.Pareceme moi interesante o exemplo que recolle irea sobre os cadros de vang gogh. Penso que non debemos esquecer que as obras de artes non deben de ser valoradas unicamente por impresións visuais ou por os gustos que cada persoa poida ter; por dicilo dalgunha forma,a arte debería de desligarse dos valores estéticos e pasar a ser valorada como un feito valiosisimo porque nos permite coñecer un pasado, denunciar determinadas situacións ou simplemente expresar a nosa opinión dun xeito diferente (sen necesidad de palabras)pero igualmente directo, claro e conciso.Xa para rematar penso que na actualidade a arte, en moitas ocasións, pasou a ser un obxecto meramente estético, belo, un negocio ligado aos cánones do momento, olvidandose, en moitos casos, o seu importante valor reivindicativo.