Nas últimas clases, vimos algunhas das diferentes funcións (e correntes que estas xeraron) que pode ter a arte. E eu pregúntome:
·Poderiamos considerar formalismo algunhas das obras de Lenonardo Da Vinci(os planos dos seus inventos, por exemplo)?Así mesmo, poderiamos considerar todo o seu traballo como arte? Xa que, algúns destes debuxos/planos eran estudos a cerca do ser humano ou mesmo estructuras de obxectos que poderían sernos útiles.
·Podería entrar dentro do expresionismo o tipo de trazo dun cadro? Por exemplo, en Van Gogh podería apreciarse xa algo da súa toleira ou frustración nalgúns cadros da súa última etapa debido a que se distinguen unhas pinceladas máis bruscas aínda que a súa intención non fora esa. Pensades que se podería crear unha obra a partires desa característica?
·Por último, sería simbolismo cando (e sinto por un exemplo tan concreto para aqueles que non a viran, aínda que non é nada completamente relevante á hora de vela) en V de Vendetta é destruída a estatua da Xusticia do parlamento inglés? Non pregunto polo acto, senón polos motivos que levan a destruila.