Foro de MERCAars CONSTRUCTOR

Os límites da arte.

Re: Os límites da arte.

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Volvo a apelar ao filósofo Kant.

Kant, lembrade, filósofo ilustrado do século XVIII, distingue claramente entre moralidade e legalidade. Algo moralmente bo pode ser ilegal nunha época ou lugar e algo legal pode ser moralmente rexeitable. Cabe esperar que moralidade e legalidade coincidan algunhas veces, pero desde logo non sempre.

Tal e como vos contestastes a Benito estades a aceptar a censura e prohibición de aquelas manifestacións artísticas que vaian en contra da legalidade vixente. Múltiples exemplos tivemos na España franquista, na URSS onde era ilegal o rock e a arte abstracta, e continúan os casos de censura.

O seguinte vídeo aunque un pouco longo (dura 15 minutos aprox.) e as veces algo difícil ilustra ben o que vos estou a comentar.

Re: Os límites da arte. por Usuario eliminado -